O simbolismo é moi útil para representar moitas ideas.
Simetría
Definición:
Reparto equitativo das distintas partes nas que se divide algo dende o seu eixe ou centro.
Exemplo:
A simetría daquela bolboreta era fermosa.
O noso reto
O knolling é unha técnica que consiste en organizar obxectos de maneira moi ordenada, colocándoos en liñas rectas ou en ángulos de 90 graos entre eles.
Sería facer unha fotografía en plano cenital cun montón de cousas, pero asegurándonos de que todo estea ben aliñado e visible. Atendendo á estética e a beleza.
Por exemplo, se tes moitos lapis de cores, poderías poñelos un ao lado do outro en orde de tamaño ou cor. É unha forma divertida de crear arte.
O noso reto consiste en realizar un knolling con elementos que nos recorden á vida ou á obra de Georgia O'Keeffe.
En pequenos grupos, escollede a opción que prefirades para realizar o reto. Unha vez rematado quedará exposto na biblioteca do centro para que calquera que desexe coñecer algo máis sobre a artista o faga dun xeito máis divertido.
Lectura facilitada
O knolling é unha maneira de ordenar obxectos formando liñas rectas ou ángulos de 90 graos.
Logo facemos unha foto desde arriba, asegurándonos de que todo estea ben aliñado e visible.
É importante que quede bonito e estético.
Por exemplo, podes organizar lapis de cores en orde de tamaño ou cor.
Este reto consiste en crear un knolling con obxectos que nos recorden a Georgia O'Keeffe.
En pequenos grupos, escollede a opción que prefirades para realizar o reto.
Lembra
Un plano cenital en fotografía é cando sacamos unha foto dende arriba, como se estiveramos voando por riba do obxecto ou da escena. É coma mirar cara abaixo dende o teito. Este tipo de plano axúdanos a ver as cousas dunha forma diferente e a destacar formas, cores e patróns.
Para aplicalo, podedes usar unha cadeira ou un lugar elevado (sempre con coidado e pedindo axuda se é necesario). Collede a cámara e apuntade cara ao obxecto ou á escena dende arriba, asegurándovos de que todo quedeben encadrado no centro da imaxe.
Opción A: Escolle poucos elementos
Escollede poucos elementos relacionados coa vida e obra de Georgia O'Keeffe (como flores, ósos, paisaxes do deserto, pinturas ou ferramentas de arte) dunha lista que vos dará o profesor. Podedes empregar as fotos da ruta e as paisaxes urbanas debuxadas.
Coa axuda dun modelo con cuadrícula, organizade estes obxectos creando unha composición simétrica e moi ordenada. Asegurádevos de que todo estea en liñas rectas ou formando ángulos de 90 graos.
Podedes inspirarvos usando fichas ilustradas ou imaxes das súas pinturas máis coñecidas.
Opción B: Podes escoller algúns elementos
Escollede algúns elementos relacionados coa vida e obra de Georgia O'Keeffe.
Os elementos poden incluír: - Flores específicas (como papoulas e lirios, representando a súa obra) - Ósos ou cranios de animais (como nas súas paisaxes do deserto) - Tons de cor terra ou area (paleta de cores característica das súas paisaxes)
Creade composición de knolling de maneira libre, pero debedes xustificar a organización e a selección dos elementos nunha breve explicación escrita ou oral.
Podedes empregar un póster ou imaxe dunha paisaxe do deserto con flores de O'Keeffe como referencia así como as fotos do roteiro e as paisaxes urbanas debuxadas, elementos que creedes con plastilina ou pasta de modelar, elementos que atopedes na aula, no patio...
Recordade organizar estes obxectos creando unha composición simétrica e moi ordenada. Asegurádevos de que todo estea en liñas rectas ou formando ángulos de 90 graos.
Opción C: Prefires crear con moitos elementos?
Explorade a obra e o simbolismo na obra de Georgia O'Keeffe e creade un knolling máis complexo con moitos elementos. Estes elementos incluirán materiais que representen tanto aspectos visuais como simbólicos da súa obra: - Elementos orgánicos (flores, follas, ósos) - Elementos abstractos (cores e formas xeométricas que lembren o seu estilo) - Imaxes ou referencias relacionadas coa súa biografía (a súa casa en Novo México, paisaxes da súa contorna).
Recordade organizar os elementos de maneira estética e equilibrada en liñas rectas e ángulos de 90º, e explicar como o knolling representa a obra e os temas recorrentes de O'Keeffe.
Debate
Ao longo da historia, as mulleres tiveron que loitar para que o seu traballo artístico fose recoñecido. Despois de investigar sobre Georgia O’Keeffe e de ver a exposición "Maestras no Museo
Thyssen", que nos revelou o talento e as dificultades de moitas artistas, imos facer un pequeno debate.
Podemos empezar respondendo estas preguntas en gran grupo:
Por que cres que as mulleres estiveron menos representadas no mundo da arte?
Que cambios permitiron que hoxe teñan máis visibilidade?
Pensas que aínda hai desigualdade entre artistas homes e mulleres?
Como podemos contribuír para que todas as voces na arte sexan escoitadas por igual?
Reflexiona
Agora toca mostralo ao resto da clase. É importante que as demais persoas da aula opinen sobre o voso traballo, para o que cubrirán a "diana de valoración".
Non esquezas que tendes que darlla antes de amosar o voso traballo e será importante tamén explicarlles, previamente, cales serán os aspectos a valorar.
As mulleres loitan moito para que o seu arte teña recoñecemento.
Estudamos a vida de Georgia O’Keeffe.
Vimmos a exposición "Maestras no Museo Thyssen".
Descubrimos o talento das artistas.
Entendemos as dificultades que teñen.
Agora faremos un debate en grupo.
Responde estas preguntas:
Por que as mulleres teñen menos recoñecemento na arte?
Que cambios fan que agora sexan máis valoradas?
Hai diferenzas entre artistas homes e mulleres?
Que podemos facer para que todas as persoas na arte sexan valoradas?
Rúbrica de autoavaluación
Rúbrica para a autoavaliación do knolling
Nivel 4
Nivel 3
Nivel 2
Nivel 1
CA 1.2: Vida e obra da artístca.
Podo analizar unha obra da artista relacionándoa co movemento modernista e o simbolismo da flor na súa cultura. Ademais, pode explicar as técnicas de pintura utilizadas pola artista e como estas contribúen á expresión das súas ideas. (2)
Podo comparar a obra de Georgia O'Keeffe coa doutras artistas, identificando as diferenzas nos seus temas e técnicas, pero tamén as similitudes no seu enfoque expresivo. (1.3)
Coñezo, lembro e describo os datos máis relevantes da vida e obra de GeorGia O'Keeffe. (0.6)
Non podo identificar os elementos básicos dunha pintura (liña, cor, forma) nin asocialos cunha emoción ou idea. (0)
CA 2.1: Creatividade na obra.
Creo unha obra orixinal e complexa. Os meus debuxos mostran diferentes perspectivas e experimento con luces e sombras. Resolves moi ben os problemas de medición e proporción. (2)
Os meus debuxos teñen detalles moderados e uso o claroscuro de forma efectiva. Fago medicións precisas con regra e compás en formas sinxelas. (1.3)
Debuxo obxectos cotiáns e uso un pouco de claroscuro para crear sensación de volume. Sumo e resto segmentos usando a regra e o compás. (0.6)
Os meus debuxos non mostran obxectos cotiáns, ideas ou claroscuro para representar volume. (0)
CA 4.1: Realización de fotografías.
Fago fotos orixinais e creativas, empregando diferentes encadres. As miñas fotos transmiten emocións e contan historias. (2)
Fago fotos claras e ben encadradas, intentando transmitir unha idea ou emoción. (1.3)
Fago fotos sinxelas e logo analicei se o encadre era o axeitado. (0.6)
Non fago fotografías. (0)
CA 4.5: Participación na creación do knolling.
Participo activamente, achegando ideas orixinais e colaborando cas demáis persoas. Explicio de forma clara o meu proceso creativo. (2)
Participo na creación e achego algunhas ideas. Son quen de explicar de forma sinxela o meu proceso. (1.3)
Participo na composición usando as fotos realizadas. (0.6)
Non participo na creación da composición. (0)
CA 4.6: Respecto e participación.
Participo en todas as actividades con entusiasmo e respecto. Amoso unha actitude positiva e empática. (2)
Participo na maioría das actividades e respecto aos demais. (1.3)
Participo nalgunhas actividades e amoso interese. (0.6)
Non participo nalgunhas actividades. (0)
Elaboración propia (proxecto cREagal). Rúbrica para a autoavaliación do knolling(CC BY-NC-SA)
Actividade
Nome
Data
Puntuación
Notas
Reiniciar
Imprimir
Aplicar
Nova ventá
Rúbrica de coavaliación do "knolling"
Rúbrica de coavaliación do reto (knolling)
Nivel 4
Nivel 3
Nivel 2
Nivel 1
CA 1.2: Vida e obra da artista.
Analiza críticamente obras de arte, considerando o contexto histórico, social e cultural no que foron creadas. Demostra un profundo coñecemento das diferentes técnicas e materiais empregados nas obras de artes visuais. (2.0)
Compara e contrasta diferentes manifestacións artísticas, identificando as súas similitudes e diferenzas. Demostra interese por explorar diversas culturas e estilos artísticos. (1.50)
Coñece, lembra e describe, de forma oral e escrita e empregando un vocabulario adecuado, os datos máis relevantes da vida e obra de Georgia O'Keeffe. (1.25)
Non demostra comprensión das manifestacións culturais e artísticas. Non identifica elementos clave nin establece relacións entre elas. (0)
CA 2.1: Creatividade na obra.
Creou unha obra orixinal e complexa, con debuxos que mostran diferentes perspectivas e luces. Resolveu ben os problemas de medición e proporción. (2.0)
Os seus debuxos teñen detalles e usan o claroscuro de forma efectiva. As medicións son precisas. (1.50)
Debuxou obxectos cotiáns e usou claroscuro sinxelo. Sumas e restas feitas con regra e compás. (1.25)
Non representou obxectos cotiáns nin usou claroscuro. (0)
CA 4.1: Realización de fotografías.
Fixo fotos creativas e orixinais que transmiten emocións e contan historias. (2.0)
As súas fotos son claras e ben encadradas, e intentan transmitir ideas. (1.50)
Fixo fotos sinxelas e logo analizou se o encadre era axeitado. (1.25)
Non fixo fotografías. (0)
CA 4.5: Participación na creación do knolling.
Participou activamente, achegando ideas orixinais e colaborando co grupo. Explicou o seu proceso creativo de forma clara. (2.0)
Participou na creación, achegando algunhas ideas. Explicou o seu proceso de forma sinxela. (1.50)
Participou na composición usando as fotos realizadas. (1.25)
Non participou na creación da composición. (0)
CA 4.6: Respecto e participación.
Participou con entusiasmo e respecto cara aos demais. Mostrou unha actitude positiva e empática. (2.0)
Participou na maioría das actividades e respectou aos demais. (1.5)
Participou nalgunhas actividades e mostrou interese. (1.25)
Non participou nalgunhas actividades. (0)
Elaboración propia (proxecto cREagal). Rúbrica de coavaliación do reto (knolling)(CC BY-NC-SA)
Actividade
Nome
Data
Puntuación
Notas
Reiniciar
Imprimir
Aplicar
Nova xanela
Diario de aprendizaxe
Xa está o traballo rematado!
Tendes o voso knolling creado e agora xa só falta compartilo co resto da comunidade. Iso é xenial!
Antes de nada, recorda que fai falta parar a reflexionar sobre o realizado nesta fase. Utiliza o bloque 4 do diario de aprendizaxe.