Invisibles
Ao longo da historia numerosísimas mulleres crearon obras incribles pero non sempre obtiveron o recoñecemento que merecían. Moitas delas realizaron creacións marabillosas que foron finalmente atribuídas a homes, ben porque elas mesmas asinaban co nome dun familiar para poder seguir creando ou ben porque homes do seu entorno atribuíanse as obras a si mesmos.
Hoxe en día cada vez máis xente traballa para visibilizar a obra destas mulleres e que sexan recordadas e valoradas como se merecen.
Lectura facilitada
Moitas mulleres fixeron obras importantes no pasado.
Non se lles recoñecía como autoras.
Os homes quedaban coas obras ou elas poñían o nome doutra persoa.
Agora máis xente valora o seu traballo.