Glosario
Bodegón
-
Definición:
-
Creación en pintura con algúns elementos sen vida como poden ser flores, alimentos ou aparellos de cociña.
-
Exemplo:
-
O bodegón é unha obra de arte que tamén é coñecida como natureza morta.
Modernismo
-
Definición:
-
Corrente artística e cultural que achegaba novas ideas e aspectos innovadores en torno aos séculos XIX e XX.
-
Exemplo:
-
Algunhas obras que pertencen ao modernismo foron moi coñecidas.
Georgia O'Keeffe foi unha pintora americana moi importante, coñecida por debuxar flores enormes e fermosas, así como paisaxes do deserto. Naceu o 15 de novembro de 1887 nunha granxa en Wisconsin, nos Estados Unidos. Desde pequena, encantáballe debuxar e soñar con cores e formas.