Visibles
Os vosos knollings axudaron moito a coñecer mellor a Georgia O'Keeffe e quedan expostos na biblioteca do centro para visibilizar a súa obra.
Agora que xa recordamos as diferentes disciplinas artísticas e coñecemos moitas mulleres artistas, imos enriquecer un pouco máis ese mural que temos comezado.
Primeiro imos organizar ás persoas artistas que xa temos por disciplinas. Precisaremos un anaco grande de papel continuo para cada disciplina.
Agora imos completalo como se merece:
En grupos de 4 persoas facede unha investigación para atopar mulleres artistas de cada unha das disciplinas das que falamos antes. Para iso axudámoste cunha lista de mulleres que poden ser do teu interese.
Unha vez as teñades poñerémolas en común co resto dos grupos.
Lectura facilitada
Os vosos knollings axudan moito a aprender sobre Georgia O'Keeffe.
Agora están na biblioteca para que máis persoas os poidan ver.
Aprendemos sobre diferentes disciplinas artísticas.
Agora imos mellorar o mural que fixemos.
Primeiro, ordenamos as artistas segundo o tipo de arte que fan.
Necesitamos un anaco grande para cada tipo de arte.
Despois, completamos o mural:
- Fai equipos de 4 persoas.
- Busca mulleres artistas para cada tipo de arte.
- Usa a lista de artistas que che damos para axudarte.
- Cando rematedes, ensinade o que atopastes aos demais.
Apoio visual



Xa estamos na última fase, e antes de ver o traballo dos demais, non esquezas que reflexionaremos sobre o que conseguimos ao superar este reto.