2.2. Lembramos: os elementos dunha composición visual
Glosario
Encadrar
Definición:
Colocar algo nun marco.
Exemplo:
Podes encadrar a foto de cando eras bebé.
Ruta
Definición:
Secuencia de lugares ou pasos que se poden seguir para ir dun lugar a outro.
Exemplo:
A ruta que faremos camiñando pódese facer parando tres veces.
Elementos dunha composición visual
Cando tratamos de compoñer unha peza visual é fundamental que teñamos en conta diferentes elementos:
As liñas
Toda obra visual contén liñas, poden ser rectas, curvas, espirais, quebradas... as mesmas liñas forman ángulos en diferentes grados cando se cortan.
Son elementos básicos de calquera obra visual xa sexa un debuxo, unha fotografía, un graffiti ou mesmo unha obra arquitectónica.
Recorda que podes empregar se a túa obra o precisa regras, escuadros e cartabóns, así como transportador de ángulos.
As formas
As formas son os espazos entre as liñas.
Estas formas poden ser xeométricas, delimitadas por liñas e ángulos máis marcados, ou ben poden ser máis orgánicas como as que podemos atopar na natureza, por exemplo masas de auga ou nubes.
As cores
A cor ou a ausencia de cor son parte fundamental dunha obra visual.
As cores poden transmitir emocións segundo as súas tonalidades, determinar claros e sombras segundo a súa saturación ou intensidade e incluso determinar profundidades.
Nas mesmas fotografías que comezaron sendo en Branco e Negro podes apreciar infinidade de tons diferentes segundo as zonas con máis luz e con menos.
As texturas
Empregar diferentes materiais en distintos soportes achegará unha textura diferente a cada obra.
Non produce a mesma sensación un óleo aplicado con paleta sobre lenzo que unha acuarela diluída aplicada sobre papel.
É importante, e ademais divertido, experimentar diferentes texturas e observar que sensacións transmiten.
A composición
A organización de todos estes elementos no espazo gráfico, no soporte que imos utilizar para a nosa obra, é o que chamamos composición.
Buscar unha composición equilibrada, interesante e estética será a guinda do noso pastel visual.
Non teñas medo de experimentar e probar con diferentes composicións.
Podes descargar este documento en PDF premendo a imaxe, ou en ODP.
Lectura facilitada
Para facer unha obra visual precisamos varios elementos.
- As liñas son básicas e poden ser rectas, curvas, espitais ou quebradas.
Usamos regras, escuadros ou cartabóns para debuxalas.
- As formas poden ser xeométricas ou naturais, como as que vemos na natureza.
- As cores son moi importantes e transmiten emocións.
As zonas claras ou escuras dan información sobre a obra.
- As texturas fan que as obras sexan diferentes.
Podemos tocar as texturas e ver como cambian a obra.
- A composición é como colocamos os elementos no espazo.
Se está equilibrada, a obra queda máis fermosa.
Proba diferentes ideas e crea a túa obra.
Audio
Ruta fotográfica
Aínda que xa rematou o verán podemos atopar restos desta estación na natureza.
Imos realizar unha ruta fotográfica tratando de capturar estes elementos.
Recordade ter en conta os elementos dunha composición visual, ademais ao tratarse dunha fotografía prestaremos especial atención ao encadramento, é dicir, á composición.
Que elementos queremos que aparezan na nosa fotografía e como queremos que estean organizados.
Lectura facilitada
Temos restos do verán na natureza.
Nunha ruta fotográfica vemos estes elementos.
Lembramos os elementos dunha composición visual.
Prestaremos moita atención ao encadramento.
Pensamos nos elementos que queremos que aparezan na nosa fotografía.
Pensamos en como queremos que estean organizados.
Pasos para a ruta fotográfica
O equipo.
Organizádevos en pequeno grupo.
O material.
Comprobade que tedes todo o necesario: a cámara e batería suficiente.
A ruta.
Agora toca saír e realizar as fotografías.
A descarga das imaxes.
Unha vez feitas as fotografías, xa podes descargalas no ordenador. Comprobade sE precisan algunha edición en canto a:
- Encadramento: recortar e corrixir a xeometría.
- Iluminación: modificar a exposición, as zonas claras ou as iluminacións.
- Cor: contraste ou saturación.
Si está ao voso gusto só falta imprimir a seleccionada.
A exposición da obra.
Unha vez feito todo o anterior é a hora de mostrar na aula a vosa obra. Podedes comentar o proceso realizado.
Podes descargar este documento en PDF premendo a imaxe, ou ODP.
Elixe como queres facer a fotografía
Opción A: unha flor
Realiza unha fotografía dunha flor, recorda seleccionar na cámara a opción de cuadrícula visible para encadralo mellor.
Pero antes de comezar a túa ruta fotográfica comproba o que lembras colocando os pasos en orde:
O equipo: organizarse en grupos.
O material: comprobade que tedes todo o necesario: a cámara e batería suficiente.
A ruta: agora toca saír e realizar as fotografías.
A descarga das imaxes: unha vez feitas as fotografías, xa podes descargalas no ordenador.
A exposición da obra: unha vez feito todo o anterior é a hora de mostrar na aula a vosa obra.
Comprobar
Correcto!
202521416938-60
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada
A resposta correcta é:
Opción B: un elemento natural
Realiza unha fotografía dun elemento natural que che recorde ao verán como pode ser unha flor, o ceo ou as sombras que produce o sol.
Pero antes de comezar a túa ruta fotográfica comproba o que lembras colocando os pasos en orde:
O equipo: organizarse en grupos.
O material: comprobade que tedes todo o necesario: a cámara e batería suficiente.
A ruta: agora toca saír e realizar as fotografías.
A descarga das imaxes: unha vez feitas as fotografías, xa podes descargalas no ordenador.
A exposición da obra: unha vez feito todo o anterior é a hora de mostrar na aula a vosa obra.
Comprobar
Correcto!
202521416938-60
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada
A resposta correcta é:
Opción C: escolle ti a temática.
Realiza unha fotografía escollendo o tema que che resulte máis interesante.
Engade un título a esa fotografía e selecciona unha peza musical relacionada para a súa exposición na aula.
Pero antes de comezar a túa ruta fotográfica comproba o que lembras colocando os pasos en orde:
O equipo: organizarse en grupos.
O material: comprobade que tedes todo o necesario: a cámara e batería suficiente.
A ruta: agora toca saír e realizar as fotografías.
A descarga das imaxes: unha vez feitas as fotografías, xa podes descargalas no ordenador.
A exposición da obra: unha vez feito todo o anterior é a hora de mostrar na aula a vosa obra.
Comprobar
Correcto!
202521416938-60
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada
A resposta correcta é:
Lembra
A fotografía que fagas é necesaria máis adiante!!
Procura tela a man para usala de novo!!
Dereitos de autoría
Que son os dereitos de autoría e por que son importantes?
Os dereitos de autoría son un conxunto de normas que protexen as creacións das persoas, como os libros, as cancións, os debuxos, as fotografías ou os vídeos.
Cando alguén crea algo, automaticamente ten o dereito de decidir como se pode usar. Isto significa que outras persoas non poden copiar ou usar esa creación sen permiso.
Por que son importantes?
- Protección do traballo: permiten que o creador teña recoñecemento polo seu esforzo.
- Xustiza: impiden que outras persoas se aproveiten do traballo sen permiso.
- Incentivo á creatividade: axudan a que as persoas sigan creando, porque saben que o seu traballo está protexido.
Tipos de dereitos de autoría
1. Dereitos morais: garanten que a persoa autora sexa recoñecida como o creadora da obra. Por exemplo, se alguén fai unha foto, ninguén pode dicir que é súa se non a fixo.
2. Dereitos patrimoniais: permiten que a persoa creadora decida quen pode usar a súa obra e se quere cobrar por iso.
3. Licenzas abertas: son permisos especiais nos que a persoa autora deixa que outras persoas usen a súa obra, pero sempre seguindo unhas regras (por exemplo, mencionar o nome do autor). Un exemplo disto é a licenza Creative Commons.
Como buscar e publicar fotografías de maneira segura?
-Buscar fotos con licenza aberta: se queres usar unha foto, busca imaxes con licenzas como Creative Commons, onde se explica como podes usalas.
-Pedir permiso á persoa autora: se atopas unha foto que queres usar, podes contactar coa persoa autora e pedirlle permiso.
-Evitar usar fotos sen saber de onde veñen: non copies nin uses fotos sen comprobar se tes permiso.
-Crea as túas propias fotos: é unha maneira segura e creativa de compartir imaxes sen preocuparte polos dereitos de autoría.
Lectura facilitada
Os dereitos de autoría protexen as creacións das persoas.
Cada persoa decide como se usa o que crea.
Ninguén pode copiar ou usar as creacións sen permiso.
Por que son importantes?
- Protexen o traballo da persoa creadora.
- Axudan a que outras persoas non usen o traballo sen permiso.
- Animan ás persoas a seguir creando.
Tipos de dereitos de autoría:
- Dereitos morais: recoñecen á persoa como autora da obra.
- Dereitos patrimoniais: permiten decidir quen usa a obra e se hai un pago por iso.
- Licenzas abertas: deixan que outras persoas usen a obra con certas regras.
Como buscar e publicar fotos de forma segura?
- Busca fotos con licenza aberta como Creative Commons.
- Pide permiso á persoa autora para usalas.
- Non uses fotos sen saber de onde veñen.
- Fai as túas propias fotos.
Audio
Dereitos de autoría
Apoio visual
Comproba se o tes claro
Escolla as respostas correctas e prema o botón Comprobar.