Saltar navegación

3.2 A banda deseñada para contar historias

 

Glosario

Banda deseñada

Historia en banda deseñada

Definición:

Conxunto de debuxos secuenciados en varios cadros que tamén contan con texto cos que se conta algo.

Exemplo:

Podes elaborar unha historia en forma de banda deseñada.

Banda deseñada: superartista en acción!

Ilustración dunha Persoa creando unha banda deseñada

Unha banda deseñada ou cómic é unha forma gráfica de contar unha historia usando debuxos e texto. Cada viñeta (cadro pequeno) axuda a avanzar na narración, mesturando imaxes e palabras para facer a historia máis divertida e visual.

Empregaremos esta técnica gráfica (a banda deseñada ou cómic) para contar a historia de Georgia O'keeffe.

Organizádevos en pequeno grupo e escollede unha das seguintes opcións: 

Lectura facilitada

Banda deseñadaA banda deseñada conta historias con debuxos e palabras.

Cada viñeta ten imaxes e palabras que fan a historia visual e divertida.

Usaremos o cómic para contar a vida de Georgia O'Keeffe.

Formade grupos pequenos e escollede unha destas opcións:

- Debuxar sobre a infancia de Georgia O'Keeffe.

- Facer debuxos do seu traballo en Nova York.

- Facer as súas paisaxes do deserto de Novo México.

- Preparade todo para crear o cómic.

Escolle unha destas tres opcións

É necesario que lembres ou busques información sobre a vida de Georgia O'Keeffe, destacando a importancia da súa obra. Podes axudarte dun modelo ou podes crear a banda deseñada dende cero e distribuír as viñetas, crear os textos e os debuxos para o que usarás distintos materiais e texturas.

Despois lembra e completa a información sobre a artista. 

É necesario que lembres ou busques información sobre a vida de Georgia O'Keeffe para realizar os debuxos dun cómic con axuda dun modelo para o que usarás distintos materiais e texturas.

Despois lembra e completa a información sobre a artista. 

É necesario que lembres ou busques información sobre a vida de Georgia O'Keeffe, destacando a importancia da súa obra, para elaborar os textos e os debuxos dun cómic con axuda dun modelo para o que usarás distintos materiais e texturas.

Despois lembra e completa a información sobre a artista. 

Lectura facilitada

Opción A

Busca información sobre a vida de Georgia O'Keeffe.

Fala sobre o importante que é o seu traballo.

Fai a banda deseñada desde o principio.

Organiza as viñetas.

Escribe os textos e fai os debuxos.

Usa materiais e texturas diferentes.

Despois, completa a información sobre a artista.

Opción B

Busca información sobre a vida de Georgia O'Keeffe.

Fai os debuxos dun cómic con axuda dunha plantilla.

Usa materiais e texturas diferentes.

Despois, completa a información sobre a artista.

Opción C

Busca información sobre a vida de Georgia O'Keeffe.

Fala sobre a importancia do seu traballo.

Fai os textos e os debuxos dun cómic con axuda dunha plantilla.

Usa materiais e texturas diferentes.

Despois, completa a información sobre a artista.

Opción A: Podes crear os debuxos, o texto e tamén as viñetas

Lembra e completa

Lea o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

Unha    ou é unha forma de contar unha historia usando e . Cada (cadro pequeno) axuda a avanzar na narración, mesturando   e   para facer a historia máis divertida e visual.

Activar JavaScript

Opción B: Crea os teus propios debuxos

Lembra e completa

Lea o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

Unha    ou cómic é unha forma gráfica de contar unha historia usando e texto . Cada viñeta (cadro pequeno) axuda a avanzar na narración, mesturando  imaxes  e  palabras  para facer a  máis divertida e visual.

Activar JavaScript

Opción C: Crea os teus propios debuxos e texto

Lembra e completa

Lea o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

Unha    ou é unha forma de contar unha historia usando e . Cada (cadro pequeno) axuda a avanzar na narración, mesturando   e   para facer a historia máis divertida e visual.

Activar JavaScript

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaNesta fase achegámonos á artista das flores enormes, que ben seguro xa sabedes quen é.

Nesta parte veremos que fai falta para poder seguir avanzando e pouco a pouco acadar cada unha das fases deste reto.

Vexamos que lembras do que vimos e para iso paramos a reflexionar. Tes que cubrir a parte correspondente á fase 3 do diario de aprendizaxe.

Utiliza o documento que xa terás gardado da fase anterior.

Lembra que é un traballo tanto individual como en equipo.

Lectura facilitada

Nesta fase achegámonos a Georgia O'Keeffe.

Observa o que necesitas para avanzar.

Pouco a pouco acada cada unha das fases deste reto.

Lembra e reflexiona.

Cubre a parte correspondente á fase 3 do diario de aprendizaxe.

Utiliza o documento que xa terás gardado da fase anterior.

É un traballo tanto individual como en equipo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)