Saltar navegación

5. Estamos chegando

Xa se ve o final. E...aprendiches moito?

Ao longo desta viaxe ao pasado, tivestes oportunidade de explorar e coñecer un pouco mellor unha etapa histórica verdadeiramente interesante: a Baixa Idade Media. Os textos lidos, as actividades prácticas realizadas, as investigacións levadas a cabo a bo seguro que vos permitiron coñecer considerablemente mellor unha época tida por escura, pouco coñecida. A Baixa Idade Media foi frecuentemente subestimada non por falta de importancia, senón pola existencia de prexuízos históricos e culturais que a relevaron a un segundo plano. Considerada como unha época escura foi frecuentemente vista como un período de estancamento entre a Idade Media e a Idade Moderna, malia ser un período de profundas transformacións. Porén, os actuais avances na investigación están a iluminar este período e demostrando que a Baixa Idade Media foi unha fase de grande importancia, unha fase rica en cambios sociais, económicos, políticos, relixiosos, culturais... que definiron en boa medida o rumbo da historia.

A modo de conclusión, o desenvolvemento deste proxecto permitiuvos acadar unha base sólida de coñecementos sobre a Baixa Idade Media, concretamente sobre as diferentes crises acontecidas (económica, social, relixiosa, política...), as consecuencias das mesmas (relixiosas, sociais, económicas, políticas, as Guerras Irmandiñas...) e comprender que o mundo, que a sociedade europea, se encamiñaba cara a unha nova etapa histórica, cara á a Idade Moderna. Así mesmo, todo o traballo desenvolvido tamén vos permitiu achegarvos ao mundo da investigación histórica: buscar fontes, seleccionar, resumir... e dar a coñecer os vosos resultados.

Para vela máis grande, pica enriba da imaxe.

Esquema-resumo
Esquema-resumo

Lectura facilitada

As actividades feitas permitíronvos coñecer mellor a Baixa Idade Media.

Este período frecuentemente é considerado escuro e pouco importante.

Considerouse unha etapa de estancamento.

Pero é un período moi interesante e rico en cambios.

Os actuais estudos están dándolle máis importancia a esta fase.

A modo de conclusión:

Acadastes uns sólidos coñecementos teóricos sobre a Baixa Idade Media.

Coñeciches as crises acontecidas.

Houbo crises económicas, sociais, relixiosas, e políticas.

Coñecihes as consecuencias das mesmas.

Houbo consecuencias variadas: relixiosas, sociais, económicas, políticas, as Guerras Irmandiñas...

Comprendestes que a sociedade europea avanzaba cara á a Idade Moderna.

Achegástesvos ao mundo da investigación histórica

Aprendestes a buscar fontes, seleccionalas

e tamén a dar a coñecer os vosos resultados.

Rúbrica de coavaliación

Rúbrica de coavaliación: "A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese"
 ExcelenteMoi benBenNecesita melloraDeficiente
Claridade e organización da presentaciónA presentación foi moi clara, ben estruturada e fácil de seguir. (1)A presentación foi clara e ben organizada, con pequenos erros. (0.75)A presentación foi comprensible pero algo desorganizada. (0,75)A presentación foi confusa ou difícil de seguir en varios momentos. (0,50)A presentación foi moi confusa e careceu de estrutura.. (0,20)
Dominio do contidoMostraron un dominio completo do tema e responderon preguntas con seguridade. (1)Mostraron un bo dominio do tema, con algunhas pequenas dúbidas. (0,75)Mostraron un coñecemento básico pero insuficiente. do tema (0,75)Mostraron dificultades para explicar o tema ou responder preguntas. (0,50)Non demostraron coñecemento suficiente do tema. (0,20)
Creatividade e orixinalidadeO traballo foi moi creativo, orixinal e chamou a atención. (1)O traballo foi creativo e tivo elementos orixinais. (0,75)O traballo foi adecuado pero pouco creativo. (0,50)O traballo foi pouco orixinal ou falto de ideas novas. (0,50)O traballo foi totalmente rutineiro ou copiado. (0,20)
Participación visible dos membros do grupoTodos os membros participaron de forma equilibrada e activa. (1)A maioría dos membros participaron activamente. (0,75)Algúns membros participaron, pero non de forma equilibrada. (0,50)Poucos membros participaron, mentres outros case non interviñeron. (0,25)Apenas participou un ou ningún membro de forma activa. (0,20)
Calidade global do traballoO traballo foi excelente e destacou polo esforzo e a calidade.. (1)O traballo foi bo e reflicte esforzo e dedicación. (1)O traballo foi aceptable, pero con falta de detalles ou esforzo. (0,5)O traballo foi incompleto ou pouco traballado. (0,25)O traballo foi de baixa calidade ou non cumpriu os obxectivos. (0,20)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de coavaliación: "A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese" (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Valoremos o traballo realizado polos demais

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaVolve ao teu diario de aprendizaxe para completar a última fase 5.

Valora o traballo realizado polos teus compañeiros e compañeiras.

Segue traballando así! Estás a facelo xenial!

Tarefa grupal

Para aplicar o aprendido ides tentar convertervos nun agricultor ou nunha agricultora de mediados do século XIV da Normandía francesa. Podedes chamarvos Pierre Dupont ou Marie Lemoine e ides mandarlle, a través dun sacerdote que ía facer o camiño de Santiago, unha carta a un irmán ou unha irmá que tendes na Cidade do Apóstolo (poderíanse chamar Jacques ou Jeanne, por exemplo).

Na carta, despois das formas de cortesía habituais, deberedes contarlle aos vosos familiares a difícil situación na que vos atopades dado que o campo está a atravesar unha época complicada a nivel económico, político e social.

Na redacción deberes tocar, cando menos, os seguintes puntos:

  • Condicións meteorolóxicas adversas.
  • Imposibilidade de seguir coas cavaduras.
  • Esgotamento das terras.
  • Substitución de cultivos (cultivos téxtiles van desprazando os destinados á produción de alimentos).
  • Redución de colleitas e a súa influencia no total da poboación.
  • Ambiente de malestar social que se vive na rexión (podería haber unha revolución?).
  • Tras da descrición da situación deberedes empregar as tradicionais formas de despedida. Non esquezades que estades escribindo unha carta a alguén da vosa familia.

Para poder ver un posible modelo de carta, picade aquí.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)