Glosario
Baixa Idade Media
-
Definición:
-
Último período da Idade Media. Comprende os séculos XIV e XV.
-
Exemplo:
As transformacións que aconteceron na Baixa Idade Media marcaron o inicio da transición cara a Idade Moderna.
Definición:
Último período da Idade Media. Comprende os séculos XIV e XV.
Exemplo:
As transformacións que aconteceron na Baixa Idade Media marcaron o inicio da transición cara a Idade Moderna.
A revista do instituto tiña programado para a edición deste trimestre unha serie de artigos sobre as distintas crises da Baixa Idade Media, pero…. problema: quen ía redactalos non pode facelo!
Como saír do paso? Vai quedar a revista sen artigos? Non! Porque en 2º de ESO estúdase este período. E coincide que toca velo agora!!!
A situación obriga. Vos seredes os encargados de explicar nestes artigos os problemas que viviron os europeos dos séculos finais da Idade Media. Entre vós seleccionaredes os mellores artigos para publicar.
Na revista do instituto íanse facer artigos sobre as crises medievais.
Os que ían redactar os artigos non pode facelo.
A revista non pode quedar sen artigos.
O alumnado de 2º encargarase de redactalos.
Vos seredes os encargados de escribir os artigos.
Os artigos deben explicar os problemas da Baixa Idade Media.
Os lectores da revista van votar o mellor artigo.
Antes de seguir, respondede as actividades propostas na fase 1 do diario de aprendizaxe.
É moi importante que o cubras porque para aprender... hai que reflexionar!
Accede ao modelo a través da páxina diario de aprendizaxe e descárgao.
Lembra:
Pregunta ao teu profesor ou profesora se o encherás en papel ou no computador.
Se o recheas no computador, non te esquezas de gardalo no teu equipo cando termines!
Ánimo, que o farás xenial!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0