Situándonos
En historia é importante situar os acontecementos no tempo e no espazo. Neste tema vas estudar a Baixa Idade Media, así que convén empezar situándoa no tempo histórico. Recordas cales eran as etapas da historia e que feitos consideran os historiadores que marcan o cambio dunha a outra? Se a resposta é non, non te preocupes. Agora terás ocasión de repasalo. O curso pasado estudabades a Idade Antiga, e este curso gran parte da Idade Media. Xa so che quedan os dous séculos finais.
Visiona o seguinte vídeo para que poidas recordar as fases nas que se divide a Historia.
Lectura facilitada
Para estudar a historia debemos situar os acontecementos
no tempo e no espazo.
Neste tema estudarás a Baixa Idade Media,
así que a situaremos no tempo histórico.
Recordas cales son as etapas da historia?
E os feitos importantes que marcan o paso dunha etapa a outra?
Non debes preocuparte se non o recordas.
Agora podemos repasalo contigo.
O curso pasado estudaches a Idade Antiga.
Este curso estudaches gran parte da Idade Media.
Só che quedan por estudar os dous séculos finais desta etapa.