Glosario
Pogroms
-
Definición:
-
Ataques violentos contra os xudeus, os seus fogares, propiedades e lugares de culto.
-
Exemplo:
-
Froito de diferentes pogroms moitos xudeus foron atacados, roubados e expulsados dos seus fogares.
Definición:
Ataques violentos contra os xudeus, os seus fogares, propiedades e lugares de culto.
Exemplo:
Froito de diferentes pogroms moitos xudeus foron atacados, roubados e expulsados dos seus fogares.
Nun mundo en que se descoñecía a existencia de bacterias e como se contaxian as enfermidades, moita xente botoulle a culpa da peste a grupos minoritarios de poboación, facilmente identificables como “diferentes”. O principal obxectivo da ira popular foi a minoría xudía. Tras séculos de convivencia en xeral pacífica, en moitas cidades estouparon episodios de violencia contra os xudeus, chamados pogroms (a palabra rusa pogrom significa “revolta violenta”, pero adoita usarse para a persecución dos xudeus). Nos pogroms moitos xudeus foron asasinados e as súas sinagogas, casas e propiedades saqueadas, incendiadas e destruídas.
Na Baixa Idade Media, tralo impacto da peste, tiveron lugar numerosas e violentas revoltas populares, tanto no campo como na cidade. Entre outras, as súas causas foron:
Aínda que existen moitas máis, destacaremos as Jacqueries en Francia no ano 1358, os motíns dos Ciompi en Florencia en 1378, a rebelión de Wat Tayler en Inglaterra en 1381.

Estoupidos de violencia
Naquela época non se coñecían as bacterias
nin como se contaxian as enfermidades.
A xente botáballe a culpa da peste a grupos de poboación minoritarios,
aos que consideraban diferentes.
Por exemplo, a minoría xudía.
En moitas cidades houbo situacións de violencia contra os xudeus.
Estes episodios de violencia chamábanse pogrom,
que quere dicir en ruso “revolta violenta”.
Nos pogroms moitos xudeus foron asasinados
e as súas propiedades foron destruídas.
Na Baixa Idade Media, tralo impacto da peste,
tiveron lugar moitas revoltas populares,
tanto no campo como nas cidades.
As causas máis importantes foron:
e o aumento dos prezos.
A vida dos pobres era moi difícil.
A maioría da poboación era pobre.
Pero a nobreza e o clero tiñan riqueza e privilexios.
pola crise agraria e para pagar as guerras.
Houbo moitas revoltas populares. Algunhas máis coñecidas son:
“As Jacqueries”, en Francia en 1358
Os “motíns dos Ciompi”, en Florencia en 1378
A “rebelión de Wat Tayler”, en Inglaterra en 1381.
Escolle, entre as seguintes, unha actividade relacionada coas crises da Baixa Idade Media.
Le, desprega e escolle a que tipo de crise corresponde cada enunciado:
Escolle a opción correcta para cada pregunta:
Falso
Non. Os ciclos de malas colleitas afectaron no século XIV.
Falso
Non. Afectou moito máis nas cidades.
Verdadeiro
Falso
Non enfrontou ás casas de York e de Lancaster, enfrontou a Francia e Inglaterra.
Verdadeiro
Verdadeiro
Falso
A dos Ciompi tivo lugar en Florencia.
Falso
Non, tivo un papel protagonista na Guerra dos Cen Anos.
Verdadeiro
Escolle as respostas correctas e preme o botón Comprobar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0