Saltar navegación

4. Reto final: eses artigos son nosos

Adiante co reto!

Deberedes dividirvos en grupos de 4.

Cada grupo deberá elaborar un artigo para a revista o máis interesante posible; para elo, deberedes recorrer a información que tedes no REA sobre cada unha das crises da Baixa Idade media, e explicar de xeito claro e sinxelo a que elixades. Pensade que é un artigo divulgativo, así que debe ser rigoroso pero tamén interesante para o público. Ah! E outra condición: como se vai publicar nunha revista, teredes que adaptarvos ao espazo do que dispoñedes, non máis de dúas caras!

Para dotar o artigo de rigorosidade debedes recorrer a fontes históricas, algún dos textos que se vos facilitan, e usalo como base para expoñer os contidos.
Tamén debedes localizar os feitos relatados no texto nun mapa, o que se vos facilita no REA ou outro que busquedes vós.
É necesario que entre todos os grupos vos repartades as diferentes crises. E despois, xa sabedes, elixide por votación individual (non por grupo) os artigos que consideredes máis axeitados para ser publicado na revista. Moito ánimo!

Para conseguir resolver o reto con solvencia tendes que facer un esforzo de organización grupal, tendo en conta que só podedes ter éxito se todos achegades o voso gran de area. Tedes que aceptar a opinión do grupo, non ir por libre, cumprindo os prazos, axudándovos (non todos tendes a mesma facilidade para este tipo de tarefas) e contribuíndo a crear bo ambiente.

Elixides un coordinador ou coordinadora do equipo, que moderará os posibles debates e será o interlocutor co profesor ou profesora.
Escolledes un problema a tratar.
Repartides os primeiros quefaceres.

Lectura facilitada

Dividídevos en grupos de catro persoas.

Cada grupo redactará un artigo para a revista escolar.

Basearédesvos no material que vai no REA.

O artigo será divulgativo e sinxelo.

A extensión máxima será dunha cara.

Tamén localizaredes os relatos nun mapa.

O mapa irá no REA pero podedes buscar outro.

Entre todos os grupos debedes tratar todas as crises.

Votaredes para escoller os mellores artigos.

Deberedes traballar de maneira coordinada.

Cada un debe cumprir cos seus cometidos.

Elixiredes un coordinador ou coordinadora.

O coordinador ou coordinadora moderará os debates.

Tamén será o que coordine o grupo co profesor ou profesora.

Escolledes un problema a tratar.

Repartides os primeiros quefaceres.





Como nos organizamos?

Hai que poñerse a redactar o artigo que as rotativas non poden parar e xa chegamos tarde.

Recordade que como vos indicamos na presentación do reto, o artigo debe escribirse atendendo a unha serie de condicións e apartados:

  • Título, o máis motivador posible, que aluda a crise.
  • Algún texto histórico como punto de partida do artigo. Podedes usar algún dos textos que se vos facilitan como base para expoñer os contidos.
  • Un mapa: como xa se vos indicou, debedes localizar nel os lugares citados no texto. Podedes usar o mapa de Europa que vos facilitamos ou un que atopedes vós se o considerades máis axeitado.
  • Buscade unha imaxe relacionada co tema elixido para ilustralo e así facelo visualmente máis atractivo.
  • Explicación do problema apoiándose nos textos e nas imaxes seleccionadas, e recorrendo a información da que dispoñedes.
  • O impacto e/ou as consecuencias do problema seleccionado na Europa da época.
  • Nome e apelido dos autores: é o momento de comezar a vosa carreira cara á fama!!

Seguidamente facilitámosvos un modelo de artigo que poderedes empregar como referencia para facer os vosos.

Pica sobre a imaxe:

Imaxe modelo reto

Lectura facilitada

O artigo debe ter os seguintes apartados:

  • O título debe facer referencia á crise.
  • O título debe ser motivador.
  • Algún texto histórico como punto de partida do artigo.
  • Empregade os textos que van no REA.
  • O mapa pode ser o que vos damos.
  • Tamén o podedes buscar vós.
  • Buscade unha imaxe para facer o escrito máis atractivo.
  • Explicación do problema.
  • Para explicar o problema empregaredes a información a portada.
  • As consecuencias do problema seleccionado na Europa da época.
  • Nome e apelido dos autores.

É o momento de comezar a vosa carreira cara a fama!!

Como se avalía o noso reto?

Rúbrica do reto "A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese"
 ExcelenteBoaCorrectaNegativaIncorrectaNula
Presentación do artigo.O artigo está excelentemente presentado: boa maquetación, redacción orixinal e creativa, utilizando un vocabulario preciso. O tamaño do artigo é axeitado. As imaxes e os textos están perfectamente colocados e nomeados. O mapa ten unha moi boa presentación. (2.5)O artigo ten unha boa presentación,é correcto na maquetación, na redacción e na selección das fontes. Non hai faltas de ortografía. AS imaxes e os textos están identificados, e o mapa ben presentado. (2)O artigo ten unha presentación correcta, e un tamaño axeitado. Obsérvanse algunhas faltas de ortografía, e algunhas das fontes non se corresponde coa crise explicada. Presenta o mapa elaborado. (1.50)Presentan o artigo, pero con parte dos apartados sen rematar. Teñen bastantes faltas de ortografía, a redacción é imprecisa e escasa. Faltan as fontes e o mapa. (1)Presenta o artigo, pero sen rematar e faltan apartados, fontes e o mapa. Múltiples erros e faltas de ortografía. (0,5)Non presentada. (0)
Elaboración de contidosO traballo mostra dominio de todos os contidos traballados. AS fontes utilizadas serven de base para presentar e explicar a crise elixida , e o mapa localiza as fontes e outros aspectos da crise. Amplía información. (2.5)Todos os apartados están elaborados de forma correcta. Coñecen e utilizan o vocabulario relativo aos contidos. Fan referencias as fontes utilizadas, pero limítanse a poñelos como exemplo da teoría. As fontes están ben situadas no mapa. (2)Trabállanse os contidos mínimos esixidos de maneira xeral:texto, imaxes e mapa, pero non hai unha correcta explicación da crise e as fontes están situadas no mapa de maneira imprecisa. (1.50)O artigo limítase a copiar a teoría presentada no REA sobre a crise seleccionada, pero non buscan fontes, nin elaboran o mapa. requirido. Non demostran coñecementos básicos necesarios. (1)Elaboran contidos, pero están sen rematar, e non se axustan ao esquema do traballo proposto. Faltan os coñecementos e destrezas básicas. (0,5)Apenas elaboran contidos, e estes non se axustan aos pasos dados para elaboración do artigo. (0)
Utilización e manexo de ferramentas informáticas e fontesAs ferramentas informáticas utilízanse con soltura, orixinando un produto creativo e visualmente orixinal. Indícanse os créditos e procedencia de todas as fontes utilizadas. (2.5)As ferramentas informáticas utilízanse con soltura, orixinando un produto correcto. Indícanse os créditos de todas as fontes utilizadas. (2)Utilizan de maneira correcta as ferramentas informáticas. Indica de xeito impreciso as fontes utilizadas. (1.50)Apenas se indican as fontes utilizadas, pero o manexo das ferramentas informáticas é bastante correcta. (1)Apenas se indican as fontes utilizadas e o manexo das ferramentas informáticas non é correcta. (0,5)Non ulilizan ningunha ferramnenta informática, nin tampouco as fontes propostas. (0)
Traballo en grupoExcelente coordinación interna do equipo, asumindo cada un dos seus integrantes a súa parte das tarefas, distribuídas de xeito equitativo. As decisión foron conxuntas e consensuadas, e a boa relación cos outros equipos contribuíu a crear un bo ambiente de traballo na aula. (2.5)Alto grado de coordinación interna do equipo, na que todo o grupo asume as súas responsabilidades. A maioría das tarefas distribúense de xeito equitativo. Boa relación co resto dos equipos. (2)A coordinación interna do equipo é boa, pero hai un desigual reparto das tarefas entre os seus membros. As decisións tomáronse pos consenso entre os membros do equipo. Hai pouca relación co resto dos equipos. (1.50)Escasa coordinación interna do grupo, cunha desigual distribución das tarefas entre os seus integrantes. Apenas tomaron decisións de maneira consensuada. Non hai relación co resto dos equipos. (1)Mala coordinación interna do grupo, cunha moi desigual distribución das tarefas entre os seus integrantes e traballo individual dalgúns membros. Incapaces de tomar decisións de maneira consensuada. (0,5)Falta de coordinación entre o grupo, limitándose ao comportamento individual dos membros do grupo. (0)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica do reto "A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese" (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Valoración do traballo feito

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaUnha vez alcanzado o reto final, toca valorar o traballo realizado para conseguilo.

Cubrindo a fase 4 do teu diario de aprendizaxe serás consciente de todo o que conseguiches ata o dagora.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)