A Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer...tórcese
3. Imos aprender moito máis
Glosario
Baixa Idade Media
Definición:
Último período da Idade Media. Comprende os séculos XIV e XV.
Exemplo:
As transformacións que aconteceron na Baixa Idade Media marcaron o inicio da transición cara á a Idade Moderna.
Idade Moderna
Definición:
Período histórico que comprende dende o ano 1492 ata o ano 1789.
Exemplo:
A Idade Moderna comeza co descubrimento de América e remata coa Revolución Francesa.
A Baixa Idade Media
Lembra que chamamos Baixa Idade Media ao período final da Idade Media (476 - 1492), que comprende os séculos XIV e XV. Durante este 200 anos a crise afectou a practicamente todos os aspectos da vida. Podemos dicir que os protagonistas destes anos foron a fame, as enfermidades e os conflitos. E como todas as crises, esta terminou creando un mundo distinto que nos deixa ás portas da Idade Moderna.
En realidade falar da crise do século XIV é simplificar. Sería máis oportuno falar de crises, en plural, porque se manifestaron en moitos aspectos.
Lectura facilitada
Lembra que chamamos Baixa Idade Media ao período final da Idade Media (476 - 1492).
Comprende os séculos XIV e XV.
Durante este 200 anos a crise afectou a practicamente todos os aspectos da vida.
Podemos dicir que os protagonistas destes anos foron a fame, as enfermidades e os conflitos.
E como todas as crises, esta terminou creando un mundo distinto que nos deixa ás portas da Idade Moderna.
En realidade falar da crise do século XIV é simplificar.
Sería máis oportuno falar de crises, en plural, porque se manifestaron en moitos aspectos.