Presentación. Un mundo de linguas
5. Un mundo de linguas para as IA
A diversidade lingüística e as IA
Cada lingua é unha especie única no ecosistema lingüístico global. De feito, como xa sabes, unha lingua é tamen un ecosistema en si mesmo, chea de historia, cultura e identidade. O galego, o teu idioma, é unha destas especies valiosas e, polo tanto, un ecosistema que se debe protexer, coidar, conservar dun xeito sostible para que as xeracións do futuro poidan disfrutar del. Cando a intelixencia artificial aprende e se desenvolve, debemos asegurarnos de que tamén poida entender e respectar esta diversidade e non ser un factor desequilibrante do mesmo xeito que as especies invasoras poden prexudicar e resultar nocivas para un ecosistema complexo pero armónico. Imaxina un futuro onde os asistentes virtuais, as aplicacións de tradución e os programas educativos poidan falar galego con tanta fluidez e naturalidade como calquera outro idioma e polo tanto contribuír á protección, coidado, conservación e sostenibilidade das distintas linguas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0