Presentación
¿Algunha vez buscastedes información de como funciona esa voz que vos axuda a resolver dúbidas en segundos ou como un modelo de intelixencia artificial (IA) como ChatGPT ou Llama pode explicarvos conceptos complexos dunha maneira tan estruturada?
Tras as respostas hai un tipo de texto que coñecedes e que usamos para transmitir coñecemento: o texto expositivo.
Nesta sección, imos explorar a conexión entre os textos expositivos e as respostas xeradas por IA.
Agora é o voso turno para descubrir como funciona esta conexión, identificar as características principais dos textos expositivos e como as IAs as utilizan para xerar respostas efectivas.
¡Preparádevos para ser parte do futuro da comunicación!