Saltar navegación

1.1 Iniciar

Presentación

No mundo actual as Intelixencias Artificiais parecen comprender o que lles dicimos e mesmo respondernos con sentido.

Intelixencia artificial tratando de comprender a vida cotiá
Xenerada por IA (CC BY-SA)

Con todo, realmente entenden a nosa linguaxe? Como transforman as nosas palabras en respostas? 

Neste primeiro bloque, analizaremos que entendemos por IA e estudaremos algunhas ideas fundamentais para clarificar o fenómeno.

Círculo de ideas: Que sabes ou escoitaches sobre a intelixencia artificial e como interactúa co linguaxe?

Duración:
10
Agrupamento:
Grupos (3-4 persoas)

Organización:

  • Os estudantes organízanse en grupos pequenos (3-4 persoas) e cada grupo forma un círculo. Un dos seus membros actúa como anotador.
  • A pregunta inicial aparece no encerado ou proxectada nunha pantalla: Que sabes ou escoitaches sobre a intelixencia artificial e como interactúa co linguaxe?
  • Cada estudante ten 1 minuto para compartir unha idea mentres os demais escoitan atentamente.
  • O anotador rexistra as respostas clave nunha folla compartida.

Despois de completar o pequeno círculo, cada grupo selecciona as tres ideas máis interesantes.  Estas ideas pódense presentar brevemente ao resto da clase nunha ronda en círculo grande.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)