Saltar navegación

1.3 Afondar

Tarefa. Enche os ocos

Duración:
10
Agrupamento:
Individual

A partir do traballado, le seguinte texto e deduce cales dos seguintes termos deberían empregarse para que teña sentido (hai máis termos dos necesarios)

  • algoritmos de IA
  • aprendizaxe automático
  • tráfico
  • datos
  • computación barata
  • redes sociais
  • realidade virtual
  • robots
  • enerxía solar
  • seguridade

A intelixencia artificial (IA) está presente en moitos aspectos da nosa vida. Por exemplo, plataformas como Spotify ou Netflix usan __________ para escoller cancións ou películas segundo os nosos gustos. Cando les noticias no móbil, estas foron seleccionadas por un __________ que analiza os nosos intereses. Ademais, os termostatos intelixentes aprenden os nosos hábitos para aforrar enerxía, e aplicacións como Waze empregan a IA para evitar o __________.
O __________ é unha parte fundamental da IA que permite ás máquinas aprender de grandes cantidades de __________. Empresas como Google ou Facebook utilizan estas técnicas en sectores como a sanidade ou as finanzas. Grazas á __________ accesible e algoritmos de código aberto, como os de OpenAI, o desenvolvemento da IA é cada vez máis rápido. Combinando tecnoloxías como internet e microprocesadores, a IA transforma industrias e mellora a nosa eficiencia no día a día.

Entrevista con roles invertidos

Duración:
50 minutos
Agrupamento:
Grupos cooperativos (3-4 persoas)

Obxectivo: O alumnado elabora unha entrevista onde simulan ser a IA, respondendo como se fosen ela para comprender o seu funcionamento.

Para realizar a entrevista empregarase a estrutura cooperativa: “1-2-4”, fomentando reflexión individual, colaboración en parella e debate grupal.

Para deseñar a entrevista, organizaremos tres fases:

Na Fase 1 - Reflexión individual (10 min) cada membro do equipo reflexiona sobre as características xerais de como responde unha IA e as funcións que pode desempeñar e anota ideas.

Na fase 2 - Posta en común en parellas (10 min) os membros do grupo distribúense en parellas e revisan como estruturar preguntas e respostas.

Na fase 3 - Creación do guión en grupo (15 min) o alumnado redacta preguntas sobre funcións da IA, ensaian respostas como se fosen eles mesmos unha IA, simulan a entrevista e rexistran o diálogo nun documento.

A entrevista pode levarse a cabo cunha IA real. Neste caso, o alumnado realiza a mesma entrevista que simularon cunha IA real e comparan as respostas plantexando que diferenzas hai e que acertaron. Finalmente redactan un breve informe final cos seus resultados.

Comparando IA

Duración:
50 minutos
Agrupamento:
Grupos cooperativos (3-4 persoas)

Para realizar esta tarefa imos empregar una estrutura puzzle (tamén coñecida como Jigsaw). Distingurimeros dous tipos de agrupamento: os **grupos base” e os “grupos expertos”.

Nunha primeira fase, cada grupo base elixe unha IA distinta (por exemplo: ChatGPT, Gemini, Claude, DeepSeek) e plantexa preguntas á IA. Pódese aproveitar as preguntas feitas na entrevista da anterior tarefa. (10 minutos)

Posteriormente nunha segunda fase reúnense os grupos expertos: temporalmente. O alumnado que analiza a mesma IA investiga como funciona (fontes en PDF, vídeos ou webs accesibles).
Nesa análise cada “experto” formula duas preguntas á súa IA, compara as respostas cun/unha compañeiro/a do mesmo “grupo experto” e rexistra erros ou aciertos. (20 minutos)

Na terceira fase, o alumnado retorna ao grupo base (10 min)**. Cada experto explica as características da súa IA e amosa exemplos das respostas e crean unha táboa comparativa en papel ou dixital, valorando:

  • Calidade lingüística.
  • Creatividade.
  • Erros detectados.

Por último a clase comparte as conclusións e elabora unha reflexión final (10 min):

Feito con eXeLearning (Nova xanela)