Saltar navegación

5.3 Afondar

Pregunta Verdadeiro-Falso

Indica se son verdadeiros ou falsos os enunciados seguintes.

Pregunta 1

A tecnoloxía só ten efectos negativos na diversidade lingüística, como a simplificación das linguas.

Suxestión

Analiza o segundo parágrafo para diferenciar os impactos positivos e negativos da tecnoloxía.

Pregunta 2

O inglés e o chinés mandarín son as linguas máis representadas nos modelos de intelixencia artificial.

Suxestión

Consulta a sección "Factores que afectan a representación das linguas na IA" para ver exemplos específicos.

Pregunta 3

A falta de adaptación tecnolóxica nunha lingua provoca a perda de vocabulario para conceptos modernos.

Suxestión

Le a sección "As consecuencias da exclusión lingüística" para relacionar causas e efectos.

Pregunta 4

O número de falantes é o único factor que determina a presenza dunha lingua na IA.

Suxestión

Repasa os "Factores que afectan a representación das linguas na IA" para comprender a complexidade do tema.

Entrevista sobre o tema: Impacto da tecnoloxía na diversidade lingüística.

Duración:
20
Agrupamento:
Grupos cooperativos (3-4 persoas)

Nesta tarefa imos levar a cabo un intercambio de ideas a partir da estrutura de entrevista.


Nunha primeira fase (5 min), o equipo divídese en dúas parellas (A-B e C-D) e plantexa preguntas como ¿Como inflúe a tecnoloxía na desaparición de linguas? ou ¿Pode a IA ser unha ferramenta para preservar idiomas minorizados? Por que?

Nunha segunda fase (5 min), invértense os roles: B entrevista a A; D entrevista a C.

Por último, nunha terceira fase (10 min), todo o grupo se reúne e cada membro comparte unha idea clave da súa entrevista.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)