Acordos e desacordos
- Duración:
- 15
- Agrupamento:
- Grupos cooperativos (3-4 persoas)
Cada grupo debe valorar os seguintes enunciados nunha escala de 1 a 4, onde:
1 Totalmente en desacordo - 2 En desacordo - 3 De acordo - 4 Totalmente de acordo
- Unha intelixencia artificial pode comprender o significado da linguaxe humana da mesma maneira que o fai unha persoa.
- A linguaxe funciona como un rompecabezas no que cada unidade lingüística ten un papel esencial para a comprensión global.
- Os modelos de intelixencia artificial captan a intención comunicativa detrás dun mensaxe para producir os seus textos.
- Para que un texto sexa coherente, a IA só necesita analizar a estrutura gramatical e a frecuencia de palabras.
Cada estudante lee os enunciados e asigna unha puntuación individualmente. Posteriormente, e nunha ronda de turnos de palabra, cada membro do grupo comparte a súa puntuación inicial e a súa xustificación. O grupo debe debater e xustificar por que deberían subir ou baixar a puntuación de cada enunciado. Se hai desacordo, o coordinador modera para chegar a unha decisión de consenso.
Por último, cada grupo presenta as puntuacións do grupo e os seus argumentos. Comparan as respostas entre grupos para ver semellanzas e diferenzas.