Saltar navegación

2.3 Afondar

Pregunta Verdadeiro-Falso

Indica se son verdadeiros ou falsos os seguintes enunciados.

Lembrade que este exercicio ten sentido unha vez traballado o texto que aborda a comunicación entre humanos e IAs, centrándose en aspectos como a interactividade, adaptabilidade, contextualidade, intencionalidade e as máximas de Grice.

Esta acividade está pensada para desenvolverse individualmente.

Pregunta 1

A comunicación entre unha intelixencia artificial e unha persoa é un campo sinxelo e fácil de comprender.

Suxestión

Revisa os conceptos de interactividade e adaptabilidade na comunicación.

Pregunta 2

A pragmática é a rama da lingüística que se ocupa do uso da linguaxe en contextos de interacción social.

Suxestión

Considera como a pragmática se aplica na comunicación entre humanos e IAs.

Pregunta 3

As IAs son capaces de interpretar sinais pragmáticos de forma intuitiva e instantánea, igual que os humanos.

Suxestión

Investiga como as IAs utilizan algoritmos para imitar a interpretación de sinais pragmáticos.

Pregunta 4

A teoría das máximas de Grice establece que a comunicación eficaz debe basarse en principios como a cantidade, calidade, relación e maneira.

Suxestión

Reflexiona sobre exemplos nos que os humanos poden desviarse destas máximas.

Pregunta 5

Os humanos tendan a seguir as máximas de Grice de forma estrita en todas as situacións comunicativas.

Suxestión

Pensa en situacións nas que utilizaches a cortesía ou o humor, o que pode levar a desviacións.

Pregunta 6

A contextualidade é un aspecto crucial na comunicación pragmática, tanto para humanos como para IAs.

Suxestión

Considera como a falta de contexto pode afectar a interpretación dun mensaje.

Pregunta 7

As IAs avanzadas son capaces de comprender o contexto cultural e histórico de maneira tan profunda como os humanos.

Suxestión

Investiga como as IAs utilizan datos previos para inferir contexto, pero carecen de experiencias vividas.

Pregunta 8

A teoría da relevancia de Sperber e Wilson suxire que os interlocutores buscan maximizar a relevancia da información en función do esforzo de procesamento.

Suxestión

Reflexiona sobre como aplicas esta teoría nas túas propias interaccións diarias.

Que viaxes podemos facer xuntos?

Duración:
30
Agrupamento:
Grupo (3-4)

Nesta tarefa a través dunha dinámica de xogo de roles e discusión guiada reflexionarase  sobre a comunicación entre as IA e nós.

Cada grupo recibirá un escenario diferente que deberán representar (ver folla de escenarios) e una folla coas preguntas (ver folla cuetsións).

Os grupos terán 5 minutos para preparar a súa representación. Deberán decidir quen asumirá cada rol (tres persoas e unha IA) e como se desenvolverá a conversación, tendo en conta as características da comunicación mencionadas no texto (interactividade, adaptabilidade, contextualidade, etc.). 

Sucesivamente, cada grupo terá 1-2 minutos para presentar a súa escena diante da clase. As representacións deben centrarse en como a IA responde ás interaccións do usuario e como se adaptan as respostas en función do contexto.

Durante a escena representada, cada grupo deberá tomar notas sobre as seguintes cuestións.

- Que capacidades da IA se observaron na representación?
- Quais foron as limitacións que se evidenciaron?
- Como se aplicaron as máximas de Grice na comunicación entre a IA e a persoa?

Unha vez rematada a representación, cada grupo recolle en tres minutos os aspectos máis importantes do atopado nas escenas de rol.

Finalmente, farase unha posta en común mediante  unha breve discusión guiada.  Nun encerado o nun documento compartido, iranse anotanto progresivamente as respostas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)