Realiza as preguntas do exame de ABAU do ano 2021.
1. Análise e comentario crítico, desde un punto de vista formal e funcional da lámpada Flat de Ichiro Iwasaki.
2- Propón un deseño para unha lámpada de pé con dúas luminarias que poidan servir como moble.

Puntos que deberían tratarse no comentario:
1. Dicir que se trata dunha peza de deseño industrial.
2. Comentar que é e cando nace este tipo de deseño.
3. A función dos obxectos de deseño industrial.
4. Estrutura formal do obxecto: como é, partes fundamentais, relación con figuras xeométricas regulares. Predominio de formas xeométricas ou orgánicas.
5. Cuestións da ergonomía, antropometría e a biomecánica tidas en conta no deseño do obxecto.
6. Os materiais utilizados: principais características, calidades sensoriais: cor, textura, tacto, sensación térmica…
7. Relacionalo con algún movemento artístico. Tendencia á abstracción ou á figuración.
8. A función simbólica.
9. Comparación con outros obxectos similares. Analizar as solucións que ofrece e a súa orixinalidade.
10. Cuestións técnicas: facilidade de elaboración, custos, posibilidade de reciclaxe, problemas de embalaxe, mecanismos básicos, si forma parte dunha serie ou conxunto, si é modular, estrutura…..
Na lámpada hai que destacar o seu minimalismo estético, composta por tres figuras xeométricas, tres pratos ou círculos planos de diferentes tamaños que resultan moi lixeiros, como se estivesen frotando. |