Guía para a análise de obxectos de deseño industrial

ANÁLISE DO USO E DAS FUNCIÓNS PRÁCTICAS, ESTÉTICAS E SIMBÓLICAS

a. Que necesidade ou servizo debe cubrir? É necesario, complementario ou superfluo? É útil para máis dunha función?
b. O obxecto emprégase ou consúmese? Despois do uso, volve empregarse, recíclase, os seus refugallos  son contaminantes?

c. Como é o proceso de uso? (Táctil, olfactivo, visual...)

d. O obxecto  é seguro? Pode producir danos por un emprego incorrecto?

e. Como se acciona? Que forzas elementais se exercen no uso?

f. Está apoiado nunha superficie ou hai que suxeitalo durante a súa utilización? É transportable?

g. Está á intemperie? Como lle van afectar as condición meteorolóxicas?

h. Precisa de enerxía externa como a rede eléctrica ou interna (pilas, cordas...)?

i. Predominan os aspectos prácticos e funcionais ou os estéticos e simbólicos?

x. Inflúe na compra o aspecto estético?

k. O obxecto é un símbolo de status? Por que?

II. ANÁLISE DOS USUARIOS

a. A quen vai dirixido o obxecto?

    b. O uso é individual ou colectivo, familiar ou profesional?

III ANÁLISE FORMAL

a. Como é de tamaño? Cales son as súas dimensións? Son fixas?

b. As medidas axústanse a algunha norma? Axústanse ás funcións do obxecto?

c. Que materiais se empregan na súa fabricación? Imitan a outros?

d. Que forma xeral presenta: simétrica, asimétrica, ortogonal, oblicua...?

e.  Predominan as formas xeométricas/inorgánicas ou as orgánicas?

f. Poden observarse partes diferenciadas no obxecto como tapóns, tapadeiras, etc. ?

g. Cales son as formas e os volumes das partes? Están xeradas por adición ou subtracción? Son compactas? Que organización sintáctica posúen: Superpostas, encadeadas, concéntricas...? Existen formas de adaptación?

h. Cales son as texturas das superficies? Que función desempeñan (antiescorregadizas, decorativas...)?

i. Que cor teñen as superficies, a natural do material ou é aplicada? Que función ten a cor: simbólica, atencional, decorativa...? Está suxeita a  algunha norma?

k. Que relacións harmónicas ou de contraste se producen entre o obxecto e a súa contorna?

l. Que grafismo ou decoración ten e como están realizados sobre o obxecto?

m. Que función desempeñan os detalles? Son diferentes a outras da mesma serie? Que atributo produce o detalle: forma, cor, tamaño, textura...?

n. O obxecto forma parte dun conxunto ou serie?

o. É de composición modular?

 IV  ANÁLISE ANTROPOMÉTRICO, ERGONÓMICO E BIÓNICO

a. Estudo da relación entre forma e uso.

b. Vai se empregado por un ser humano ou por un animal. (Ex. Un móbil ou unha gaiola).

c. Adáptase ben o uso humano no relativo a forma, textura, etc.?

d. Pódese adquirir en distintos tamaños ou tallas?

e. O emprego do obxecto pode producir molestias ou cansazo? Afectan de forma significativa a súa utilización.

f. Podes aportar melloras ou suxestións para mellorar o deseño do obxecto?

g. O obxecto procede da análise ou estudo de animais ou plantas?

V ANÁLISE HISTÓRICA

a.  É un obxecto de nova invención? Que necesidade o fai aparecer?

b. É un obxecto tradicional ou industrial/tecnolóxico?

 c. É unha nova versión dun obxecto histórico? Que cambios presenta con respecto a versións    precedentes?

 d. É un obxecto reciclado total ou parcialmente? Cal era o seu uso anterior?

e. O obxecto pode encadrarse dentro dun estilo ou movemento artístico?