Información
O deseño industrial ten que estar centrado no usuario para poder atender as súas necesidades e características, polo que hai que recoller toda a información relevante durante a fase de investigación do proceso de deseño do produto. Pódemos distinguir tres tipos básicos de usuarios:
- Usuario individual: os obxectos poden ser de uso individual ou persoal. Adoitan ter moita liberdade creativa e son elixidos polo propio usuario como pode ser a roupa ou o calzado.

- Usuario familiar ou medio: son obxectos empregados por un grupo relativamente pequeno como é o caso da familia. A creatividade é media e os compradores poden ser varios. Un exemplo deste tipo de obxectos son os automóbiles.

- Usuario colectivo: son obxectos que son usados por un grupo ou colectividade, como os elementos mobiliarios que forman parte do espazo urbano. Non son elexidos polos usuarios e están moi expostos os factores medioambientais.

A relación do usuario cos obxectos pode ser habitual (un automóbil) ou moi efémera, como os obxectos de usar e tirar (unha botella de auga mineral); así mesmo pode ser unha relación circunstancial ou accidental (os asentos dunha estación de tren) ou moi frecuente (un teléfono móbil).