Saltar navegación

Cor e textura

Grupal

Imos poñer en común cal é a nosa cor preferida para obxectos? Cal é a máis elixida?

Credes que a cor é importante no deseño industrial?

Información

Cor 

A cor, aínda que é un elemento máis secundario no deseño industrial, é fundamental para estética do produto e, en moitos casos, é determinante para a súa compra (roupa, zapatos, mobles, etc.), sen esquecer os valores simbólicos que pode ter. (Ver Unidade 2)

cor
María Martín. Cor (CC BY-NC-SA)

Na canle Collage de ideas podes ver o significado da cores aplicado ao deseño de produto.

Textura

A textura é unha cualidade da superficie das formas que se percibe polo tacto; tamén se lle chama textura á representación visual desa cualidade que se consigue mediante o emprego de liñas e diferentes procedementos de grafismo

A representación do sentido do tacto de forma visual ten moitos significados connotativos.

Podemos distinguir varios tipos de texturas:

-Textura visual/ táctil: a primeira ten un carácter visual mentres que na segunda intervén o sentido do tacto.

Estas poden ser irregulares axudando a crear texturas máis parecidas ás orgánicas ou xeométricas baseadas nun patrón xeométrico.

- Textura natural/artificial: segundo sexa de orixe natural (unha pedra, unha pel...) ou creada.

As texturas son moi importantes tanto no deseño gráfico como no industrial. Neste último a superficie dos obxectos inflúe nas cualidades do mesmo e tamén nas sensacións que provoca.

textura

sarajuggernautTextura natural (Licenza Pixabay)

Ponte a proba

com/watch?v=E4hAROd1R2c

Practica

Que cor elixirías deste bosquexo de regadeira? E que acabados e texturas aplicarías? Xustifica a túa resposta.