Practica
Deseña un colgadoiro de parede para chaves para a entrada dunha casa. O produto deberá considerar os elementos fundamentais que o constitúen para que a súa función e uso sexan efectivos: tamaño e forma. As medidas deberán ser proporcionais ao seu uso, e ter unha capacidade mínima para seis chaveiros. Considera unha medida de referencia de 200 x 300 x 60 mm. O produto debe ser facilmente manexable, funcional, atractivo desde o punto de vista estético e orixinal. O deseño formal do produto poderá xerarse a partir de volumes xeométricos ou de formas orgánicas. ![]()
REQUISITOS DE PRESENTACIÓN Presentarase todo en tamaño A3, non habendo límite no número de láminas. Deben presentarse bosquexos gráficos previos e deseños preparatorios a man alzada (tormenta de ideas) ; o desenvolvemento da idea elixida mediante bosquexos finais coas anotacións aclaratorias necesarias, procura de posibles cores e decisión de materiais, e o bosquexo final xunto coa argumentación do deseño. No bosquexo final irán as vistas principais (planta, perfil e alzado) coas cotas fundamentais con varias perspectivas a man alzada onde se aprecie claramente o volume , a forma do produto e a súa cor. As técnicas de expresión plástica serán libres. |
Aquí podes descargar un documento con máis exercicios para practicar.