Saltar navegación

Materiais

Información

Os produtos requiren fabricarse na realidade mediante materiais. Cada un deles ten as súas características e calidades propias que hai que coñecer. Como se desgastan e evolucionan temporalmente, como se reciclan ou destrúen, son algunhas das cuestións que hai que valorar.

Hai que valorar tamén os acabados superficiais. Así, por exemplo, as superficies lisas son máis fáciles de lavar cas rugosas e son máis resistentes ao paso do tempo.

A continuación imos ver algunhas das características dos materiais:

Flexibilidade: é a propiedade que teñen os materiais que non se deforman cando son sometidos a forzas que alteran a súa forma. Existen materiais flexibles (a plastilina), ríxidos (o vidro) e elásticos (o caucho).

Dureza: é a propiedade que teñen os materiais para que non se deformen ou sexan raiados. Existen materiais brandos (madeiras ou plásticos) e duros (metais).

Tenacidade: é a propiedade dos materiais para non romperse. Hainos fráxiles, como o vidro ou a cerámica, e tenaces, como o aceiro ou o cemento.

Maleabilidade: é a propiedade dos materiais de poder deformarse sen romperse. Exemplos: ouro, prata, ferro, etc. Son moi útiles na produción industrial xa que se adaptan a moldes.

Características térmicas: cada material ten unha resistencia diferente á temperatura, polo que haberá que teño en conta se vai haber preto unha fonte de calor.

Características ecolóxicas: son características cada máis importante na planificación do produto industrial, polo que cada vez se opta máis por materiais que sexan reciclables, biodegradables e reutilizables para poder ter un modo de vida sostible.

Materias no deseño industrial

Madeiras:  as madeiras resultan cálidas; o pino é lixeiro e brando, fácil de traballar e baixo custe. O carballo: é unha madeira dura e cunha vida longa e de calidade. Existen materias como o aglomerado, que non son propiamente madeiras, pero que resultan baratas ; revestidas de melaminas empréganse moito polo seu prezo.

As madeiras empréganse especialmente no mobiliario das vivendas. Transmite tradición e calidez.

Metais: aceiro, bronce, ferro, aluminio, latón, etc. Os metais caracterízanse en xeral por se duradeiros e resistentes. Reflicten a luz e poden brillar.

Os metais adoitan utilizarse na construción, na electrónica e nos envases. Transmiten permanencia e robustez, así como sensación de limpeza e de frescura.

Cerámicas e vidros representan tecnoloxía e valor.

Papel e cartón: son moi empregados en embalaxes. Aportan calidez, son bastante resistentes malia súa fraxilidade e baratos, polo que se empregan para a realización de maquetas e, cada vez máis no deseño industrial.

Plásticos: empréganse na construción, nos envases, etc. Son moi maleables, pero non ecolóxicos.

Na páxina Lanubeartística podes ver o uso que fan do plástico algúns artistas como Naum Gabo ou Andy Warhol ou Christo.

Tecidos: algúns dos tecidos máis habituais son o coiro, o liño e o algodón. Úsanse especialmente nas prendas de vestir e nos mobles. Resultan cálidos





Le e escribe

Despois de ler este artigo sobre os materiais naturais nos deseños, contesta a estas cuestións:

  • Que vantaxes ten empregar materiais naturais?
  • Que materiais naturais se citan no artigo? Cal che parece máis curioso?
  • Que materiais usarías ti nos teus deseños? Que criterios terías en conta?