Saltar navegación

Exemplo práctico

 

Na páxina do deseñador Pepe Cortés podes ver varias fotografías do Taburete Jamaica 1991. O Taburete Jamaica é unha estrutura de aceiro cromado con asento xiratorio de aluminio ou de madeira de faia. Fai unha análise formal e funcional deste obxecto. 

https://pepecortes.es/taburete-jamaica

Aspectos obrigatorios para o comentario:

  1. Breve introdución ao deseño industrial e á súa función.
  2. Descrición formal do obxecto: como é, partes fundamentais, relación con figuras xeométricas regulares. Predominio de formas xeométricas ou orgánicas.
  3. Materiais empregados: principais características, calidades sensoriais: cor, textura, tacto, sensación térmica…
  4. Cuestións da ergonomía, antropometría e a biomecánica tidas en conta no deseño do obxecto.
  5.  Comparación con outros obxectos similares. Analizar as solucións que ofrece e a súa orixinalidade.
  6. Cuestións técnicas: facilidade de elaboración, custos, posibilidade de reciclaxe, problemas de embalaxe, mecanismos básicos, si forma parte dunha serie ou conxunto, si é modular, estrutura…
  7. Movemento artístico. Tendencia á abstracción ou á figuración.
  8. A función simbólica.