Saltar navegación

Ciencias auxiliares

Información

  • Antropometría: é unha ciencia que estuda as medidas  e as formas do ser humano. Estes datos son fundamentais para o deseño de produtos, espazos ou  lugares de traballos  que se adapten á poboación xeral.  Pódese dividir en dous grandes grupos: antropometría estática e antropometría dinámica. A primeira mide o corpo en repouso e a segunda cando está en movemento (tipos de movementos, alcance, etc.).   

 

  • Ergonomía: é un ciencia que estuda como se relaciona o ser humano cos obxectos e produtos  (posturas, movementos, condicións ambientacións de son e iluminación, etc.)para mellorar os deseños e o benestar da persoa usuaria.

A ergonomía ten moita importancia na contorna laboral xa que reduce os riscos laborais e mellora a saúde no traballo.

Ergonomía
Yamavu. Ergonomía (CC0)

  • Biónica: é unha ciencia que estuda a natureza e o seu comportamento para poder aprender dela e de que como soluciona os problemas.

Busca

Le este artigo sobre 10 deseños inspirados na natureza.

Cal che parece máis enxeñoso? 

Busca outros deseños que tamén se inspiren no mundo natural.