Saltar navegación

Xestual

Definición de velocidade xestual

A velocidade xestual pódese definir como a capacidade de realizar movementos do corpo ou dos seus distintos segmentos no menor tempo posible. Dáse cando é acíclica (realizamos un só movemento a gran velocidade) e sempre que non repitamos unha estrutura cíclica do movemento (contínua e repetitiva). Dentro dela diferenciamos:

  • Segmentaria ou cando o xesto está localizado nunha parte do corpo concreta. Como exemplo do tren superior (brazos) o temos cando lanzamos un tiro libre á canastra de baloncesto, ou cando golpeamos a pelota coa raqueta de tenis.

  • Global ou cando o movemento implica todo o corpo, como cando saltamos altura no atletismo ou realizamos unha viravolta lateral cara adiante no ximansio.

Archivo: Sanguino Tiro Libre.JPG Archivo:2006 Commonwealth Games-At.jpg carro

1.- José Porras "Sanguino Tiro_Libre.jpg" na Wikipedias.org  CC-BY-3.0  2.-Mackrys "Tie Break Tens in Wienam" na Wikimedia Commons  CC-BY-3.0  3.-Jimmy Jarris "2006 Commonwealth Games-At.jpg" na Wikimedia Commons CC-BY-3.0  4.- Suso Lojo "Voltereta lateral" Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

O nivel na execución do xesto depende do automatizado que esté, da propia lateralidade (o lado dominante do brazo e da perna amosará máis velocidade que a do contrario) e da propia orientación espacial (os xestos realizados cara adiante acadarán máis velocidade que cara atrás). 

Quedounos claro?

Pregunta 1

Si, a velocidade xestual é cíclicia porque repetimos o movemento dun xeito continuo e repetitivo.

Pregunta 2

Un exemplo de velocidade xestual segmentaria sería o salto de altura ou o salto de lonxitude.

Pregunta 3

A velocidade xestual muda (mellora ou mingua) dunha extremidade a outra dependendo de que esta (brazo ou perna) sexa a dominante ou non.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)