Saltar navegación

De reacción

Definición da velocidade de reacción

Defínese como a capacidade de executar un movemento no menor tempo posible despois de responder a un sinal ou estímulo determinado, sexa sonoro, visual ou táctil. Tamén denomínase tempo de reacción, xa que equivale ao intervalo de tempo que transcorre dende que recibimos o estímulo ata que aparece a resposta.

Medímola cronometrando o período curto de tempo que transcorre entre o sinal ou estímulo e a resposta aplicada no movemento a executar, que adoita durar entre as dez e quince centésimas de segundo (+/- 0,10-0,15 segundos).

Este tipo de velocidade pódese dividir en:

-Sinxela: cando se trata dun estímulo coñecido de antemán e se coñece tamén a resposta que daremos, como por exemplo a saída de tacos nunha carreira na que empezaremos a correr ao escoitar o asubío ao ollar unha bandeira, ou ao sentir unha palmada nas costas...).

-Complexa: cando descoñecemos previamente os estímulos ou estos son imprecisos, como por exemplo cando unha contrincante nos tira un penalti ou unha compañeira nos pasa un balón de baloncesto sen agardalo.

Archivo: 2019-05-18 Fußball, Frauen, UEFA Women's Champions League, Olympique Lyonnais - FC Barcelona StP 1222 LR10 por Stepro.jpg
1-Daren Wilkinson "Start of mens 100m"   na Wikipedia CC BY-SA 2-Steffen Prößdorf "Champions League"  na Wikipedia CC BY-SA

Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

                       

Feito con eXeLearning (Nova ventá)