Saltar navegación

A VELOCIDADE

Precoñecemento

As capacidades físicas básicas son a resistencia, a velocidade, a forza e a flexibilidade. Son as capacidades básicas internas de calquera persoa para realizar calquera actividade física ou deportiva e que melloran no seu adestramento coa práctica de exercicios e movementos específicos.

            siluetas gregas dun atleta praticando deporte da carreira, loita, natación e ximnasia        
relevo grego do pentatlón 500 aCMatthiasKabel  "relevo grego do pentatlón 500 aC.jpg" en wikimedia.org   CC BY-SA 3.0

       As primeiras actividades relacionadas coa ximnasia proceden da China, cun tipo de exercicio similar ao Kung-fu e de Exipto con actividades ximnásticas con fins recreativos (cara ao ano 2600 a.C). En todas as culturas posteriores (helénica, romana, medieval, renacentista e moderna) a ximnasia foi unha actividade considerada, pero non será ata o século XVIII onde realmente comeza a desenvolverse como deporte e método para un desenvolvemento integral da persoa. 

    Ximnasio para nenos ao aire libre ao redor do século XIX.jpgXimnasio Aldershott 1868.jpgCalistenia, 1867. Colección Granger.jpgSeal posture Mollie Bagot Stack 1931.jpgShore, men, exercise, feat, summer, bathing suit Fortepan 19723.jpg

Imaxes visibles en https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:GymnasticsLicenza de Dominio Público.


Obxectivos

Ao rematar estarás en condicións de definir a capacidade física da velocidade e de comprender as súas manifestacións nas distintas modalidades deportivas, así como distinguir os seus distintos tipos e os factores dos que depende para aprender os diferentes adestramentos específicos para mellorala, así como as distintas probas para a súa avaliación.

E todo isto podendo exercitala coa finalidade de:

  • Prepararse para a actividade física.
  • Coñecer mellor o noso propio corpo tomando conciencia del.
  • Mellorar a rapidez da transmisión dos impulsos do sistema nervioso.
  • Potenciar a condición física xeral por medio do exercicio da velocidade.
  • Previr lesións musculares.
  • Incrementar o rendimento por medio do acondicionamento e mellora das funcións de axuste e coordinación, equilibrio e dominio do control corporal xeral coa exercitación da velocidade.
  • Valorar o estado da nosa capacidade física da velocidade e das súas habilidades específicas.
saída velocidade

  Fotografías dunha alumna exercitando a velocidad nunha sesión de Educación Física .Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova ventá)