Saltar navegación

FACTORES DOS QUE DEPENDE

BIOLÓXICOS (ANATÓMICOS)

A herdanza e a xenética determinan en grande medida a constitución do corpo. A existencia dunha alta proporción de fibras brancas de contracción rápida nos músculos dunha persoa, ou a relación lonxitudinal entre o tronco e a perna doutra, son  determinantes para diferencialas e para afirmar que a velocidade tamén depende das nosas propias características biolóxicas.

A IDADE.

Tras pasar a puberdade hai un aumento da velocidade como consecuencia do desenvolvemento anatómico (alongamento e aumento dos ósos e dos músculos) e da considerable mellora da coordinación. Aos 16 anos conquírese case a máxima frecuencia xestual, de xeito que os tempos de reacción son practicamente iguais aos dos adultos(considerados a partir dos 20 anos).

Nivel máximo
   PERSOA:
   entrenada
sedentaria
10 anos 12 anos 14 anos 16 anos 18 anos  20 anos

factores

FACTORES SENSORIAIS, COGNITIVOS E PSIQUICOS

A capacidade persoal de concentración ou o xeito de asimilar, controlar e regular toda a información sensorial que nos chega, xunto co esforzo e a propia motivación e forza de vontade, poden diferenciar moito a capacidade de reacción e velocidade dunha persoa a doutra, e mesmo diferenciar a dun mesmo dependendo do momento, do lugar ou ambiente.

FACTORES NEURONAIS E MUSCULARES

A distribución dos tipos de fibras musculares e a sección transversal das mesmas e a súa inervación determinan a velocidade de contracción muscular, xunto co alongamento dos mesmos e a elasticidade e lonxitude dos tendóns. 

    Feito con eXeLearning (Nova ventá)