Saltar navegación

De desprazamento

Definición

É a capacidade de percorrer unha distancia no menor tempo posible. Está condicionada pola propia velocidade de contracción dos músculos durante o xesto ou movemento. 

ATLETISMO CICLISMO PIRAGÜISMO
salto de lonxitude Piragüismo - Wikipedia, a enciclopedia libre
zancadas pedaladas voga

"Ana Peleteio" , "Ciclismo" e "Piragüismo" na Galipedia-WikiMedia Commons CC BY-SA

Dentro deste tipo de velocidade atopamos a seguinte clasificación:

  • Velocidade de aceleración ou capacidade de conquerir a velocidade máxima no menor tempo posible, e determinada polo tempo dende que empezamos a actividade ou exercicio ata acadar a máxima velocidade. 
  • Velocidade máxima ou capacidade que permite desprazarse, nun espazo determinado no menor tempo con medios propios e sen axudas exteriores, acadando o nivel máis alto posible.
  • Velocidade de resistencia ou tempo no que unha persoa é capaz de manter un nivel de velocidade determinado.
  • Velocidade de deceleración ou capacidade de deterse ou aminorar a velocidade no menor tempo posible.

IDENTIFICA OS TIPOS DE VELOCIDADE

Clasifica cada unhas das seguintes modalidades deportivas ou actividades físicas como exemplos de velocidade de reacción, xestual ou de desprazamento.

1.- Correr os 60 metros lisos: 

2.- Correr os 42.195 metros da marathón: 

3.- Saída de tacos: 

4.- Tiros libres de baloncesto: 

5.- Lanzamento de peso dende a posición estática:

6.- Salto de lonxitude:

7.- Xogar a "pedra, papel, tesoiras":

8.- Facer en bicicleta unha etapa do Camiño de Santiago:

9.- O salto de altura:

10.Descender o río Sella en canoa:

Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)