Saltar navegación

TIPOS DE VELOCIDADE

OS TIPOS DE VELOCIDADE

TIPOS DE VELOCIDADE A velocidade de desprazamento manifestase como a distancia percorrida nun tempo determinado, a de  reacción ante un estímulo (visual, auditivo ou táctil) preestablecido ou agardado (sinxela) ou imprevisto e descoñecido (complexa) e a xestual ante un movemento dunha parte do corpo (segmentaria) ou de todo o corpo (global). 

A velocidade é un factor moi importante nas actividades explosivas como no caso das modalidades atléticas das carreiras curtas (60, 100 metros), nos saltos (de altura ou de lonxitude) ou lanzamentos (peso, disco, xabarina  e martelo); mentres que a súa importancia é moito menor nas actividades de maior distancia ou resistencia.

Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

PODEMOS DIFERENCIALOS CON EXEMPLOS CONCRETOS

ProfEF.Néstor. " Capacidades Físicas- Velocidad". YouTube.CC-BY.

TAMÉN PODEMOS PROCURAR NA REDE INTERNET ALGÚNS VÍDEOS CON DIFERENTES  EXEMPLOS DE EXERCICIOS E DO TRABALLO E ADESTRAMENTO ESPECÍFICO  DA CAPACIDADE FÍSICA BÁSICA DA VELOCIDADE.

Tamén son consideradas outras manifestacións como a "submáxima" (velocidade de desprazamiento inferior á máxima), "supervelocidade" (superior á máxima grazas a axudas externas como, por exemplo, pendentes cara abaixo), ou a velocidade asociada a movementos difíciles (pola que resolvemos con efectividade calquera situación comprometida).

ACTIVIDADE DE NAVEGACIÓN

Procura na internet máis información sobre a velocidade, e fai unha escolla razoada dunha ligazón de interese que recomendarías para as túas compañeiras e compañeiros. Olla esta ligazón inicial ou consulta as ligazóns aquí propostas: 

VELOCIDADE DEFINICIÓN CONDICIÓN FÍSICA PROXECTO DIDÁCTICO PARA AMPLIAR
documento mapa conceptual temática ESO para ler artigo de revista

A intenet é a porta de acceso ao coñecemento, pero a veracidade e a calidade da información que atopamos nela, debemos contrastala dalgún xeito, xa que cando procuramos (por exemplo, en “Google”), un resultado rápido para unha consulta deixámonos levar moitas veces pola intuición ou posición dos resultados, sen ver máis aló da primeira páxina (como a proposta na ligazón incial), ollar o medio que os publica, os seus autores ou se os contidos encaixan coa nosa propia intención inicial ou verdadeira procura.

             CRITERIOS E INDICADORES PARA A PROCURA DA INFORMACIÓN NA INTERNET             
AUTORIA ACTUALIZACIÓN CONTIDOS ACCESO DESEÑO
Presenta a información do autor ou autores. Conta coa data de creación e actualización. Precisos e pertinentes. Compatible coas plataformas.  Funcional.

Conta con contacto (@mail) ou o enderezo organizativo.

Presenta ligazóns obsoletas ou rotas. Obxectivos.   Sinxelo con menús e axudas. Tamaño homoxéneo e tipografía textual axeitada. 
Conta co logotipo da entidade ou organización. Presenta información sen actualizar. Considera os dereitos de autor.  Versións en outras linguas. Accesible para calquera usuario.
Ten unha declaración de propósitos ou principios.   Considera os dereitos de protección da imaxe.   Atractivo visualmente. 

.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)