Saltar navegación

Probas de valoración

Avaliación do nivel da nosa propia velocidade

10 x 5 METROS (IDA E VOLTA)

Con esta proba mediremos a nosa velocidade de desprazamento nunha superficie plana marcada por dous puntos paralelos separados por cinco metros entre eles. Ao escoitar o sinal de saída, teremos que esprintar á máxima velocidade para cruzar cos dous pés as marcas trazadas que cruzaremos cinco veces, ata que no último movemento crucemos a liña de saída, en que pararemos o cronómetro.

Velocidade 30 metros partindo de parado

O obxectivo desta proba é medir a velocidade de reacción e aceleración nunha distancia de trinta metros nunha superficie plana que debemos percorrer á maior velocidade despois de reaccionar ao sinal de saída. A proba mide o tempo en segundos e décimas de segundo.

carreira lanzada

Proba da velocidade xestual

Nesta proba medimos a velocidade xestual ou segmentaria dun membro do tren superior (brazo dominante), para o cal nos colocamos diante dunha mesa cos pés lixeiramente separados, coa man non dominante no centro e a outra man nun dos círculos marcados. Cando sintamos o sinal de inicio, debemos tocar alternativamente os dous círculos un total de 25 veces cada un coa man dominante. A proba remata no contacto número cincuenta no que para o cronómetro. Podemos realizar dous intentos rexistrando o mellor tempo(o máis baixo).

golpeo de placas

Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

TÁBOAS DE VALORACIÓN DAS PROBAS

Hai moitos outros xeitos de valorar os distintos tipos de velocidade en comparación co grupo, pero quizais o máis indicativo para a nosa propia evolución e mellora sexa o propio rexistro de tempos nun exercicio de repetición ao longo do tempo. Un exemplo é subir e baixar polas barras das espaleiras dun ximnasio empregando pés e máns, no que non só mediremos a velocidade senón tamén a propia coordinación. Outro exemplo moi empregado polos velocistas para medir potencia e velocidade é a proba dos multisaltos.

3º ESO 

táboas

TEST VELOCIDADE XESTUAL    VELOCIDADE

* Táboas elaboradas cos datos consultados nos manuais e portais de educarex.es

Feito con eXeLearning (Nova ventá)