Saltar navegación

TIPOS DE RESISTENCIA

CON OU SEN OSÍXENO?

 Os exercicios de tipo aeróbico coñécidos tamén como cardiovasculares, caracterízanse por ser de intensidade baixa e de longa duración(como correr, nadar, ou andar en bicicleta). Cando os practicamos o organismo obtén a enerxía necesaria da queima de hidratos de carbono e graxas, proceso para o que necesita osíxeno. Pola contra, os exercicios anaeróbicos, aqueles que requiren un esforzo intenso en pouco tempo, non requieren de osíxeno para obter enerxía, xa que procede de fontes inmediatas como a glucosa(unha forma de azucre), o adenosín trifosfato(ATP) ou a fosfocreatina(PCr).


Fernando Ortiz. "Resistencia aeróbica y anaeróbica". YouTube. CC-BY.

CLASIFICACIÓN DA CAPACIDADE FÍSICA DA RESISTENCIA

A resistencia podémola clasificar atendendo a tres criterios que son a cantidade de consumo de osíxeno do corpo, a intensidade do esforzo e pola presenza ou non da fatiga(aparición do chamado ácido láctico).

No primeiro caso se o osíxeno aportado pola respiración chega para realizar o esforzo falamos de resistencia aeróbica, e pola contra se o osíxeno non nos chega(hai unha débeda de osíxeno no corpo), falamos de resistencia anaeróbica.

Aplicando o segundo criterio, se a intensidade do esforzo e media ou baixa, falamos de resistencia aeróbica, que tamén podemos diferenciar pola súa porcentaxe de intensidade aplicada: potencia aeróbica(60-80%), resistencia(30-50%) e capacidade aeróbica(40-60%). E se a intensidade do esforzo é alta ou moi alta falamos de resistencia anaeróbica.

No terceiro criterio se o corpo produce ou non ácido láctico(un dos responsables da aparición da fatiga), falamos de resistencia aláctica(sen a presenza do ácido láctico) e resistencia láctica (con a presenza do ácido láctico).

 Vexamos un resumo con exemplificacións para entender mellor a clasificación.

Clasificación da capacidade física da resistencia.

  "Clasificación da resistencia". VERSIÓN PARA IMPRIMIR.