Adestramento cardiovascular.
Os exercicios cardiovasculares son ideais para identificar a diferenza entre exercicios aeróbicos e anaeróbicos. Nunha rutina deste adestramento a intensidade é moderada, sen facer grandes esforzos en pouco tempo, adaptando o noso corpo ao traballo continuo.
Despois de realizar os estiramentos musculares do tronco e extremidades comezamos cun conxunto de 15 ou 20 flexións, seguidas de 15 ou 20 sentadillas e con unha táboa abdominal durante un minuto, continuando con 10 repeticións de "jumping jacks", “burpes” ou "escaladores" e rematando con pranchas (sobre un minuto). Nun principio realizaremos os exercicios propostos adaptados ao noso nivel correcto de execución e ao tempo que poidamos acadar.
TIPO E DIFICULTADE | NIVEL MÍNIMO | NIVEL MEDIO | NIVEL MÁXIMO |
FONDO DE BRAZOS (flexión e extensión con tres niveis de carga). * 15-20 flexións. |
|||
POSICIÓNS | De xeonllos. | Coas puntas dos pés. | Plano elevado. |
SENTADILLAS (flexión e extensión de xeonllos). * 15-20 repeticións. |
|||
POSICIÓNS | Dúas pernas. | Cunha perna. | Con salto. |
ABDOMINAIS * durante 1 minuto. |
|||
POSICIÓNS | Dende o chan. | Plano elevado. | Con moita inclinación. |
TRONCO, BRAZOS E PERNAS *repeticións: 10 |
|||
POSICIÓNS | "jumping jacks" | "burpes" | "escaladores" |
PRANCHA * durante 1 minuto. |
|||
POSICIÓNS | Facial antebrazos. | facial brazos extendidos. | Dous apoios. |
Fai os exercicios por parellas ,cunha compañeira ou compañeiro, para executalos correctamente. Mentres unha fai o exercicio a outra persoa observa a execución. Intercambiade a execución e observación en cada un dos exercicios e comentade os resultados na súa práctica.