Definición de resistencia anaeróbica.
É a capacidade de realizar unha actividade física intensa en pouco tempo(antes de ter que parar ou baixar de intensidade) sen a presenza de osíxeno nos nosos músculos, grazas ao emprego da glucosa como combustible para funcionar, antes de descompoñerse e converterse en ácido láctico.
O punto límite ou chamado tamén limiar anaeróbico, correspóndese co momento no que non dispoñemos do osíxeno suficiente para alimentar os músculos e comezamos a traballar cunha deficiencia do mesmo. A partir deste momento falamos da resistencia anaeróbica.
Cómo coñecemos o noso límite ou limiar aeróbico?
Se realizamos unha proba de esforzo coñeceremos onde está o noso límite anaeróbico, ou punto de partida da fatiga, e podemos relacionalo coa nosa frecuencia cardíaca. Por exemplo, podemos correr a grande velocidade durante un par de minutos ata o momento exacto en que non podemos manter o ritmo, que é cando debémonos deter para contar as nosas pulsacións por minuto(ou ollar a nosa frecuencia no pulsómetro se dispoñemos del).