Actividade de lectura
A CAPACIDADE FÍSICA DA RESISTENCIA |
A resistencia é a capacidade física que nos permite realizar un determinado tipo de esforzo continuo durante o maior tempo posible sen que nos afecte a fatiga e mantendo a calidade da actividade física. Grazas ao seu adestramento a fatiga aparecerá moito máis tarde podendo exercitar calquera actividade física, exercicio ou modalidade deportiva coa máxima eficiencia durante máis tempo, polo que é moi importante que a exercitemos para manter ou mellorar unha condición física saudable. Poderiamos diferenciala ou clasificala atendendo ao número de grupos musculares que interveñen ou pola presenza ou non do suficiente osíxeno. |
- Como sabedes, dende o punto de vista físiolóxico a resistencia dependerá fundamentalmente do noso propio corazón(o motor do noso corpo) e dos pulmóns(encargados da respiración) que permiten achegar o sangue osíxenado(enriquecido tamén cos nutrientes aportados polo sistema dixestivo) ao resto do corpo.
1 |
2 |
3 | 4 |
1.Laura Macías Álvarez,"El coazón humano" na Wikimedia CC BY-SA 3.0 ; 2. "Diagrama de los pulmones" na Wikimedia CC BY-SA 4.0 ; 3.- Alexa Molina,"Células_de _Leucemia.jpg" an Wikimedia CC BY-SA 3.0 ; 4.- Rorybowman,"File:Nutritionfacts.png" na Wikimedia.
- Ao facer exercicio o corazón latexa máis rápido e prodúcese un aumento da cantidade do sangue posto en movemento por minuto e isto fai que a longo prazo as cavidades do corazón medren, fortalecéndose as paredes do músculo cardíaco e mellorando a súa contracción, potenciando así a circulación do sangue en todo o corpo.
- Se aumentamos a nosa capacidade pulmonar tamén melloraremos a resistencia grazas ao maior aporte de osíxeno ao sangue, necesario tamén para producir o glucóxeno como fonte de enerxía almacenada no fígado e nos músculos.
- Igualmente a resistencia tamén é dependente do aporte dos nutrientes por medio da alimentación e da hidratación axeitadas, posto que unha deficiencia dalgún nutriente esencial implicará a rápida aparición da fatiga.