Saltar navegación

Conceptos

CONSULTA ALGÚNS DOS CONCEPTOS BÁSICOS

Duración:
10 minutos.
Agrupamento:
1

Navega na internet na procura de máis información sobre os conceptos básicos para entender posteriormente os exercicios propostos no traballo de adestramento específico da resistencia. Podedes ollar as ligazóns propostas nalgunhas das definicións dos conceptos.

1.- FRECUENCIA CARDÍACA ou número de contraccións do corazón ou pulsacións por unidade de tempo. A medimos en condicións de repouso ou de actividade e a expresamos en pulsacións por minuto a nivel das arterias periféricas e de latexos por minuto do corazón. A medición pódese efectuar en distintos puntos, pero o máis común é medila no pulso, no pescozo(arteria cariótide) ou no peito.

2.- A FRECUENCIA RESPIRATORIA é o número de respiracións que realiza un ser vivo nun período específico (xeralmente expresado en respiracións por minuto). O movemento rítmico entre inspiración e expiración está regulado polo sistema nervioso.

3.- O VOLUME MÁXIMO DE OSÍXENO(VO2 máx) que o corpo pode procesar durante o exercicio, refírese á cantidade de osíxeno que podemos empregar ao respirar para facer unha actividade física ou deportiva.

4.- O ÁCIDO LÁCTICO OU LACTATO é un composto químico moi importante para o metabolismo, que xera o noso organismo como consecuencia da degradación das moléculas de glicosa, fundamentalmente en condicións anaeróbicas ou aqueles momentos nos que se require un maior esforzo e intensidade.