Definición da capacidade aeróbica
Defínese como a capacidade de realizar esforzos de baixa intensidade e de longa duración empregando o suficiente osíxeno para os músculos, obtido mediante a respiración e o aumento do ritmo do corazón.
Para medir a capacidade aeróbica, débese determinar a cantidade máxima ou volume de osíxeno que o corpo dunha persoa pode procesar durante o exercicio(VO2max), que exprésamos en mililitros de osíxeno por quilogramo corporal por minuto(para unha persoa adulta normal 40/50 ml/kg/min). En xeral, canto maior sexa, máis capacidade teremos para realizar probas físicas de máis de 5 minutos de duración. Indicar que a marxe de mellora co entrenamento está entre o 15 e o 20%.
A frecuencia cardíaca (latexos do corazón nun minuto) neste tipo de esforzo atópase nomalmente entre 140 e 160 pulsacións nun minuto(dependendo da idade e o estado de forma da persoa).