Saltar navegación

PROBAS DE VALORACIÓN

Avaliación do nivel da nosa propia resistencia.

"TEST DE COURSE-NAVETTE"(20 METROS IDA E VOLTA) MIDE A POTENCIA AERÓBICA.

Instrucións xerais:

1.- A velocidade de carreira será regulada por medio dun reprodutor de audio emitindo sinais sonoros a intervalos regulares.

2.- A cada sinal sonoro os suxeitos deben pisar sobre a liña de 20 metros e volver partir en sentido oposto.

3.- As voltas abertas non están permitidas, polo que unha precisión de aproximadamente 1 ou 2 metros ao comezo é suficiente para axustar a velocidade (conséguese doadamente despois de dous ou tres percorridos de ida e volta).

4.-O test empeza cunha carreira lenta e a velocidade aumentará progresivamente.

5.-O aumento da velocidade será de medio quilómetro á hora para cada minuto.

6.-O obxectivo estará centrado en que o suxeito siga o ritmo imposto o maior tempo posible.

7.-O test remata no momento en que non se segue o ritmo imposto, nese momento o suxeito deberá deterse e lembrar o último número do período anunciado.

8.-A duración do test é distinta segundo o suxeito, canto mellor é a súa forma física maior é a duración do mesmo.

9.-Consiste nun test máximo e progresivo é dicir, sinxelo ao principio e difícil cara ao final.

10.No período estándar dun minuto debería verificarse a fiabilidade do mesmo no reprodutor cun cronómetro que posúa unha precisión dunha décima de segundo.

reprodutoraltofalante  

Ullesportiu, "Test Course Navette. Periodos de 1 minuto", en YouTube   CC-BY-SA

O "TEST OU PROBA DE COOPER" AVALIA A CAPACIDADE AERÓBICA.

Deseñado polo douto americano Kenneth H. Cooper, permite avaliar a resistencia en diferentes grupos de idade, tanto en homes como en mulleres. Consiste en percorrer a maior distancia posible durante 12 minutos, coa intensidade que cada un poida aplicar no percorrido durante a carreira. Nas táboas de idade e sexo compróbase o resultado.

carreira de medio fondo

Eckhard Pecher ( Arcimboldo ), "Osaka07_D6A_M5000M_Heat2-2.jpg" na Wikimedia Commons CC BY 2.5 

Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

TÁBOAS DE VALORACIÓN DAS PROBAS

TEST OU PROBA DE “COOPER” 14-15 ANOS (3º ESO)

NOTA

MULLERES

HOMES

10

2500 metros ou máis

2700 metros ou máis

9

2400

2600

8

2300

2500

7

2200

2400

6

2100

2300

5

2000

2200

4

1900

2100

3

1800

2000

2

1700

1900

1

1600

1800

* No caso de ter 16 anos aumentamos 100 metros para cada valor da nota.

TEST “COURSE NAVETTE” 

MULLERES

HOMES

NOTA

14-15 ANOS

14 ANOS

15 ANOS

10

9,5

11

11,5

9,5

9

10,5

11

9

8,5

10

10,5

8,5

8

9,5

10

8

7,5

9

9,5

7,5

7

8,5

9

7

6,5

8

8,5

6,5

6

7,5

8

6

6

7,5

8

5,5

5,5

7

7,5

5

5,5

6,5

7

4,5

5

6

6,5

4

4,5

5,5

6

3,5

4

5

5,5

3

3,5

4,5

5

2,5

3

4

4,5

* Táboas elaboradas coa información consultada en eldiaiodeltiatlon.es