Os beneficios do adestramento da resistencia:
1.- Evita posibles lesións mentres facemos un exercicio, unha actividade física ou practicamos unha modalidade deportiva.
2.- Agranda a masa muscular e tamén a capacidade do corazón.
3.- Mellora a circulación do sangue no corpo.
4.- Aumenta o número de glóbulos vermellos no sangue.
5.- Aumenta a capacidade pulmonar e o consumo máximo de osíxeno (VO2máximo).
6.- Mellora o sistema inmunitario.
7.- Incrementa as demais capacidades físicas como a forza e a velocidade.
8.- Reforza o coñecemento do propio corpo.
9.- Permite conservar o estado de forma xeral e reforza a propia saúde.
10.Mellora o rendemento físico xeral
A súa práctica comporta:
a) Exercicios de estiramento preparatorios para a actividade física principal ou estiramentos específicos anterior a unha modalidad deportiva concreta.
b) Exercicios de estiramento posteriores á actividade física ou deportiva, como método de recuperación dos músculos, tendóns.
c) Exercicios específicos mediante rutinas de series con intevalos ou técnicas activas e dinámicas de carreira de media ou longa duración.
Fotografías dunha alumna exercitando a resistencia nunha sesión de Educación Física .Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0