Saltar navegación

MÉTODOS DO ADESTRAMENTO.

TIPOS,MEDIOS E FORMAS DOS ADESTRAMENTROS

Calquera sistema de adestramento da capacidade de resistencia está formado por distintos métodos ou procedementos prácticos específicos para mellorala, establecendo os medios, cargas, tempos e procedementos específicos dos exercicios característicos de cada un deles. Realmente falamos de dous métodos(continuo e fraccionado) xa que un terceiro é o resultado da combinación ou mixtura dos dous primeiros.

métodos e técnicas de adestramento da resistencia.

O MÉTODO CONTINUO.

Desenvolve a resistencia aeróbica por distintas técnicas, con exercicios de baixa ou media intensidade como a carreira continúa a ritmo lento(+/-5 minutos para un quilómetro) ou medio(por enriba dos 4 minutos) dun xeito uniforme e nas que as pulsacións ou latexos por minutos oscilan normalmente entre 120 e 160.

Outra técnica é a variable ou coñecida como “fartlek”, que consisten en correr tamén sen interrupcións pero variando o ritmo da carreira en distintos tramos empregando os percorridos polo medio natural aproveitando os distintos tipos de terreos e a propia orografía dos mesmos(como as pendentes ou carreiros). Neste tipo de adestramento a velocidade adoita ser variable(media, baixa e alta) aproveitando sempre os ritmos baixos para a recuperación activa e na que a frecuencia cardíaca atópase entre 140 e 180 por minuto.

O MÉTODO FRACCIONADO.

Aumenta a intensidade do esforzo dividindo a carga do adestramento en varias fases con pausas de recuperación, polo que as cantidades do traballo e as súas intensidades son máis elevadas que as soportadas nos métodos continuos.

Dous xeitos de traballo deste método son o de intervalos no que os esforzos son fraccionados con pausas de recuperación incompletas(comeza o seguinte esforzo sen estar plenamente recuperado) e o de repeticións no que o esforzo tamén é fraccionado en pequenas partes, pero tras unha pausa máis longa, comeza o seguinte esforzo estando plenamente recuperado.

O MÉTODO MIXTO OU POR CIRCUÍTOS.

Combinan os dous sistemas anteriores para traballar a resistencia en espazos acotados con medios, tempos, cargas e materiais determinados para cada un deles que chamamos estacións de traballo. Normalmente as series constan de máis ou menos 10 estacións distribuídas de xeito que non repitamos o mesmo traballo específico dun grupo muscular, senon seguindo unha secuencia lóxica e funcional de exercicios tanto aeróbicos como anaeróbicos, con períodos de recuperación entre os exercicios similares ou lixeiramente inferiores aos do traballo(de 30 a 60 segundos) e de tres a cinco minutos (dependendo da intensidade) entre as series(normalmente 2 ou 3).

IMPRIMIR  VERSIÓN PARA IMPRIMIR