Saltar navegación

ADESTRAMENTO

   Para entender os distintos métodos de adestramento e relacionalos correctamente coa nosa propia saúde e máis concretamente coa nosa frecuencia cardíaca, podemos ollar o seguinte vídeo que nos fala da súa variabilidade.

Miguel Miguel Gisbert Osuna."¿Qué es la Variabilidad de Frecuencia Cardíaca y cómo puede ayudarnos en nuestro entrenamiento de resistencia?" en YouTube CC-BY

En cada exercicio, repetición, serie e descanso debemos realizar unha execución correcta do mesmo, respetar o número de repeticións ou series e os tempos marcados de repouso ou recuperación. A frecuencia cardíaca é un indicador fundamental para coñecer o noso estado de forma e tamén os nosos propios límites no adestramento.