Saltar navegación

Repasamos o aprendido

1. Das seguintes substancias: a auga, o osíxeno, o amidón, o ADN, a glicosa, as graxas, o dióxido de carbono e os sales minerais:
a) Indica cales son inorgánicas e cales son orgánicas.

b) Cales son ricas en enerxía? Como o poderías comprobar?

2. Indica o tipo de nutrición, autótrofa ou heterótrofa, que presentan os seguintes organismos: un can, unha roseira, un musgo, un paramecio e un champiñón.

3. Decide se os organismos seguintes son de nutrición autótrofa ou heterótrofa se ao estudar a súa nutrición se observa que:
a) Non necesitan da materia producida por outros seres vivos.
b) Sobreviven alimentándose da auga, o aire e o solo.
c) Non sobreviven na escuridade.
d) Necesitan auga para poder vivir.

4. Responde utilizando o que acabas de estudar:

  1. Cales son as funcións dos glícidos?

 

 

  1. Cales son as funcións dos lípidos?

 

 

  1. Cales son as funcións das proteínas?

 

 

  1. Que función teñen os ácidos nucleicos dentro dos seres vivos?

5. Que diferencia as biomoléculas inorgánicas das orgánicas?

6. Define no teu caderno átomo, molécula e biomolécula.

7. Que substancias son comúns a materia viva e á non viva? Cales son exclusivas da materia viva?

BY-NC-SA