Saltar navegación

Fase escura da fotosíntese

Esta fase non precisa da luz para funcionar, pero non quere dicir que non suceda tamén en presenza de luz.

Utilizando coma fonte de carbono o CO2 atmosférico, coma fonte de nitróxeno os nitritos e nitratos, e coma fonte de xofre os sulfatos, elabórase materia orgánica dende materia inorgánica.

A síntesis de compostos de carbono, ten lugar no estroma do cloroplasto mediante o chamado "Ciclo de Calvin".

De todos estes procesos, resultan compostos moi sinxelos, que logo irán facéndose máis complexos mediante diversos procesos que srán froito de estudo noutros cursos.

BY-NC-SA