Saltar navegación

Os cloroplastos

Os cloroplastos son os orgánulos citoplasmáticos da célula encargados de realizar a fotosíntese en organismos eucariontes. Atópanse nas follas das plantas e máis en organismos protistas fotosintéticos.

d
Os cloroplastos. Wikipedia. (CC BY-SA)

O cloroplasto está rodeado por unha dobre membrana que o separa do citoplasma. Están formados por un sistema de membranas interno onde se atopan localizados os sitios nos que de leva a cabo cada unha das partes do proceso fotosintético. Nos organismos procariontes fotosintéticos, o proceso lévase a cabo asociado a certas prolongacións cara ao interior da célula da membrana plasmática. O seu tamaño é relativamente grande, 5-10 micrómetros por 0.02-0.1 mm.

A súa orixe, conforme á Teoría endosimbionte, enténdese que foi unha cianobacteria primitiva fagocitada por unha célula, o cal explica o seu xeito de reprodución independente das mitoses da célula, que posúa ADN circular covalentemente fechado propio, dobre membrana, e ribosomas 70S, propios de bacterias.

BY-NC-SA