Saltar navegación

Repasamos

1. Mediante que proceso fabrican as plantas as súas substancias orgánicas? Como as utilizan para obter enerxía por combustión? Todas as células vexetais levan a cabo os dous procesos?

2. Por que as plantas só liberan osíxeno durante o día? Que gas liberan pola noite? Por que é así en ambos os casos?

3. Xeralmente, cando cortamos unha flor, non a acompañan as follas. Cres que se tivese algunha folla podería vivir máis tempo na auga con nutrientes? Que é o que melloraría esa situación para as plantas?

4. Todas as partes dunha planta farán a fotosíntese? Por que?

5. Argumenta. A auga en estado líquido é unha condición esencial para a vida, aínda que non a única. Indica por que son fundamentais tamén estes elementos: dióxido de carbono e luz.

6. De onde procede a enerxía necesaria para facer a fotosíntese?

 

7. Que gas consomen os organismos autótrofos para realizar a fotosíntese? Que gas se desprende no proceso?

8. Cal é a etimoloxía de autótrofo?

8. Resume en poucas palabras cal é a importancia da fotosíntese.

9. Investiga: como se chaman as estruturas polas que a planta toma CO2?

10. Verdadeiro ou falso?

Pregunta 1

As plantas fan a fotosíntese, pero non respiran

Pregunta 2

A respiración das plantas ten lugar nas mitocondrias

Pregunta 3

Pregunta 4

Os organismos fotosintéticos son os únicos capaces de fabricar materia orgánica dende materia inorgánica

BY-NC-SA