Saltar navegación

Fase luminosa da fotosíntese

O proceso ten lugar nos tilacoides dos cloroplastos, onde atopamos catro estruturas fundamentais:

  • fotosistema I (PS I)
  • fotosistema II (PSII)
  • Cadea transportadora de electróns 
  • ATP-sintetasas 
de
Etapa luminosa. Wikipedia (CC BY-SA)

Iremos explicando esta figura nos seguintes apartados.

Fase luminosa

Esta fase chámase así porque é precisa a captación de enerxía luminosa para que teña lugar, e o seu obxectivo, é fundamentalmente obter por unha banda:

  • Enerxía: en forma de ATP (adenosín trifosfato), molécula pertencente aos ácidos nucleicos presente en todos os seres vivos e que constitúe a "moeda" enerxética necesaria para que teñan lugar logo todos os procesos vitais. Esta enerxía sera logo utilizada para formar materia orgánica.
  • Poder redutor (NADPH): lembremos que o obxectivo final da fotosíntese é formar moléculas orgánicas con moitos hidróxenos (H). A iso lles chamamos moléculas moi reducidas (o contrario de oxidadas), e se conseguen grazas a intervención de moléculas coma o NADPH, que lles van cedendo os H.

1. Fotosistema II.

Todo empeza como vemos coa "excitación" da molécula de clorofila, un pigmento fotosintético, por parte da luz do Sol. Esta clorofila é coma unha molécula antena, que capta esta luz para comezar o proceso como describo na figura seguinte:
Fase luminosa a.Sandra Juiz Río.
Fase luminosa..Sandra Juiz Río. Wikipedia. (Dominio público)



2. Cadea de transporte de electróns

Neste proceso, os electróns da clorofila P680, que pasou a un nivel enerxético superior grazas á luz do sol, son transferidos a moléculas de niveis enerxéticos inferiores. A enerxía liberada no proceso, é utilizada para traer protóns (H+) dende o estroma hacia o interior do tilacoide, onde se xuntan cos xa liberados na fotolise da auga:

A cadea de transporte de electróns
A cadea de transporte de electróns. Wikipedia. Sandra Juiz Río. (Dominio público)



3. Fosistema I

Os electróns da cadea de transporte son cedidos á clorofila P700.

Cando incide a luz sobre a clorofila P700 do fostosistema I, esta se excita e pasa tamén a un nivel de enerxía superior, e de novo, os electróns serán cedidos a moléculas con estados enerxéticos inferiores. Neste caso, a enerxía xerada, é investida en formar NADPH no estroma do cloroplasto grazas a unha enzima, a NADP+ reductasa:

d
Fotosistema I. Wikipedia. Sandra Juiz Río.

4. Síntese de ATP

A acumulación de protóns (H+) no interior do tilacoide crea unha situación de diferencia de potencial a ambos lados da membrana, que se resolve pasando os protóns cara ao estroma a través dunhas estruturas chamadas ATP sintetasas, capaces de investir esta "forza" na formación de ATP:

x
ATP sintetasa. Wikipedia. Sandra Juiz Río. (Dominio público)

5. Balance final

Este proceso é coñecido coma fase luminosa cíclica, e cando remata obtemos:

É dicir, ATP e poder redutor.

Existe unha fase, chamada cíclica, na que intervén só o fotosistema I, e na que non se utiliza polo tanto auga, e ten como finalidade fabricar ATP, pero non se forma NADPH. É necesaria para afrontar a seguinte fase, a de síntese de materia orgánica.

BY-NC-SA