Saltar navegación

A fotosíntese

Introdución

Son diversos os eventos históricos que permitiron a evolución e o coñecemento actual sobre a fotosíntese, dende Teophrasto (372-287 a. C.) que xa efectuaba ensaios sobre nutrición vexetal, ou Aristóteles  (384-322 a. C) que desenrolou a teoría do humus para explicar a nutrición vexetal, onde as plantas tiñan nas raíces unha especie de bocas por onde ingresarían os alimentos ata a actualidade, onde sabemos xa como se desenrola todo proceso no ámbito molecular, transcurriron moitos séculos de investigación.

Fotosíntese e respiración

As plantas son como xa vimos, seres autótrofos, fabrican materia orgánica (biomoléculas orgánicas coma glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos) a partires da inorgánica (auga, CO2 e sales minerais). Ademais xeran osíxeno que se libera ao exterior.

Este proceso é a fotosíntese, e para que se leve a cabo é fundamental a luz do sol.

Só realizan a fotosíntese as zonas verdes das follas e talos, pois teñen no seu interior cloroplastos con clorofila, un pigmento que absorbe a luz.

O proceso inverso á fotosíntese é a respiración celular. Ten lugar tanto en seres autótrofos coma heterótrofos, xa que é o proceso no que as células "queiman" substancias orgánicas (no exemplo da imaxe inferior é a glicosa) coa axuda do osíxeno para producir a nerexía necesaria para realizar as súas funcións vitais. Como refugallo libérase dióxido de carbono e auga.

Resultado de imagen de respiracion celular
Respiración celular. Wikipedia. (CC0)



BY-NC-SA